|
|
||
|
|
||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1 |
|
|
|
|
|
|
|
|
Día das Letras Galegas |
|
|
2 |
|
|
|
3 |
|
|
|
4-5 |
|
|
|
|
|
|
|
|
OPINIÓNS |
|
|
|
|
|
|
|
Correlingua 2004 |
|
|
6 |
Paula
Hernández, Cecilia Conde e Amanda Villar
|
|
|
7 |
Sandra
Blanco Rodríguez
|
|
|
|
|
|
|
|
Semifinais Copa de Europa |
|
|
8 |
|
|
|
9 |
Amanda
Villar Maroto
|
|
|
|
|
|
|
|
ENTREVISTAS |
|
|
|
|
|
|
10 |
|
|
|
11 |
|
|
|
12 |
|
|
|
13 |
|
|
|
|
|
|
|
14 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Este
ano, por desgracia, e como o pasado, tivemos que acudir de novo á porta
do instituto para manifestar a nosa oposición a feitos terribles, que
alteraron o desenvolvemento da cotidianeidade, como foi a masacre
terrorista acontecida en Madrid no mes de marzo, un ll de marzo que quedará
gravado negativamente na nosa memoria. Pero este ano non estivemos sós,
uníronse bastantes persoas que a esa hora, 12 da mañá, estaban no
centro comercial, e todos xuntos manifestamos a nosa oposición a estes
feitos e a nosa esperanza nun mundo en paz. ¡Esperemos que sucesos coma
este non volvan ocorrer! MANIFESTO LIDO
NA CONCENTRACIÓN: |
||
|
|
|
||
|
Hoxe
estamos aquí para condenar o brutal atentado ocorrido onte en Madrid. O
cruel ataque perpetrado por aqueles que pretenden imponer as súas ideas
pola forza por riba das persoas e
a democracia. Diría
que toda esa xente que morreu nas estacións de "Atocha",
"el Pozo del tío Raimundo" e "Santa Eugenia" non tivo
culpa do ocorrido, que é xente inocente. E é verdade. Pero, ¿quen ten
culpa do ocorrido?, ¿quen merece a morte por non compartir as ideas
doutros? Creo que a resposta é moi, moi clara: Ninguén. Aínda
que sexa eu quen neste momento estea falando, todos condenamos con todas
as forzas a violencia,as mortes, a extorsión e , por suposto, o
terrorismo. Nestes
momentos, todos debemos unirnos. Non podemos acobardarnos, non podemos
agacharnos. Debemos permanecer xuntos e dicir en voz alta o que pensamos
ante a mesma causa. Non podemos deixarnos abasallar por aqueles que
pretenden imponer as súas
ideas (que, tristemente, se remiten á política ou á relixión). Non
condenamos o atentado de onte. Condenamos todos os atentados, todas as
imposicións da violencia ocorrida en todo o mundo. Todos
dicimos agora, con todas as nosas forzas e sen medo: ¡Non
á violencia! ¡Non
ó terrorismo! Adrián
Prado (1º Bacharelato) |
|
||
|
|
|
||
|
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DIA DAS LETRAS GALEGAS |
|
|
|||
|
Este ano o Día das Letras Galegas está
adicado a
Xaquín María Perfecto Lorenzo Fernández, “XOCAS”, que naceu en Ourense en 1907, cidade
na que estudiou o Bacharelato; máis tarde cursará a carreira de Filosofía
e Letras nas universidades de Santiago e Zaragoza. Entre 1926 e 1936 foi membro do
Seminario de Estudios Galegos e dirixiu o Museo Etnográfico de Santiago;
nesas datas tamén foi membro da Irmandade Galeguista de Ourense e
ingresou no Partido Galeguista. Despois da guerra deu clase de Xeografía
e Historia no Instituto de Ourense, compaxinando a docencia coa arqueoloxía. Está considerado o mestre da etnografía
galega, realizando ao longo de toda a súa vida un importante traballo de
catalogación e escavación de restos castrexos. Editou máis dun cento de
artigos sobre etnografía, arqueoloxía e historia en diversas publicación:
Revista Nós, Boletín da Real Academia Galega, Cadernos de Estudios Galegos, Boletín
Auriense e outras de fóra de Galicia; alén disto deu á luz varias
monografías: Cantigueiro popular da
Limia Baixa (1973), A casa (1982),
O mar e os ríos (1982), Os
oficios (1983), e Refraneiro
Galego (1983). Formou parte da portuguesa Sociedade de
Antropología e Etnología, foi patrón do Museo del Pueblo Español de
Madrid, membro da Asociación dos Arqueólogos Portugueses e da Real
Academia da Historia. En 1951 ingresou na Real Academia Galega. Fóronlle concedidas moitas distincións
en vida, como a Encomenda de Alfonxo X o Sabio, foi
nomeado conselleiro do
novo Seminario de Estudios Galegos, Presidente de Honra do Padroado do
Pedrón de Ouro, fillo predilecto de Ourense, concedéuselle o premio
Trasalba e a Xunta de Galicia outorgoulle a Medalla Castelao. Morreu no ano 1989 na súa casa de Facós,
en Lobeira, deixando todo o seu legado intelectual ao Museo do Pobo Galego
de Santiago. Como
divulgador da nosa cultura popular Xaquín Lorenzo ten recollido cantigas
e lendas. Imos ver un extracto do seu traballo A
muller no cancioneiro galego publicado na revista Nós e a lenda da ermida de Aranga. |
|
||||
|
|
|
|
|||
|
LENDA
DA ERMIDA DE ARANGA |
|
||||
|
Nunha ocasión,
unhas mulleres que pasaban de noite preto de Aranga (Betanzos, A Coruña)
sentiron soar unha campaíña por debaixo da terra. Foron entón onda o
crego, que veu con elas e comezaron a cavar ata dar cunha cruz de ferro
con adornos de cobre e unha coroa de prata que tiña unha campaíña que
era a que as mulleres sentiran tocar. Esta cruz parece ser que despois foi
roubada ou vendidos algúns anacos. No sitito en
que estaba a cruz, comezou a manar unha fonte, de augas milagreiras.
Arranxada a fonte e feita unha ermida naquel sitio, organizouse anualmente
unha romaría que ten lugar o día 3 de maio. A dita fonte,
ermida e romaría fai referencia un cantar de por alí, que di:
Verdadeira cruz de Aranga
que has de dar ós teus romeiros:
auguiña da túa fonte,
sombriña dos teus castiñeiros.
Xaquín Lorenzo, Xocas |
|
||||
|
|
|||||
|
|
|
|
3 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
||
|
Gorka (2ºBach)
traballo en barro |
“Sempre foi a muller, tanto no
cancioneiro galego coma nos doutros sitios, a fonte en que con máis
precuencia beberon os vates populares. E a muller, correspondendo a esta
devoción, soubo inspirar fermosas cantigas que reflexan nalgúns sitios
un culto a elas case idolátrico. Non sempre son
estas cantigas de gabanza, algunhas, feitas por despeito ou misoxenismo,
atacan as mulleres facendo resaltar as súas condicións máis ruíns. Examinando
unhas e outras, podemos coñecer as condicións da muller que máis
agradan en Galicia e que forman, polo tanto, o tipo ideal de galega. Obsérvese
polo pronto un gran dominio das cantigas de gabanza, cousa que di moito a
favor da galantería dos nosos mozos, así como do pouco que hai
criticable nas nosas mulleres. Por iso os
nosos mozos arriscan todo por unha rapaza: -
Hai un que non teme expoñer a vida por
ver a súa moza: Queridiña
por te ver
pasei o río a nado a pique de me perder. Pasei o mar do Ferrol ferrolana por te ver; pasei o mar de Ferrol a pique de me perder. -
Todos, en xeral, recoñecen na muller un
gran valor: O paxariño no prado de tódalas herbas come; o donaire dunha nena tres días mantén a un home. -
Os inimigos da muller expresan así o
seu valor: Alabado sea Dios, que xa veu a barateza: os homes a catro pesos, as mulleres a peseta. -
Coa fácil volta que ten esta cantiga,
non é de estrañar que as mulleres contestasen tamén con algo polo
estilo: Alabado sea Dios, que xa veu a barateza: os homes a catro cartos, as mulleres a peseta. |
||
|
|
|
||
|
4 |
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
||
|
|
|
|||||
|
Para
conmemorarmos o Día das Letras Galegas, o día da nosa fala, imos
comprobar como a cantaron e loaron distintos poetas, desde dos autores do
Rexurdimento aos actuais, porque non esquezamos que é
de palabras que se construíron os pobos, como di o poeta H. Rabunhal. |
||||||
|
|
|
|
|
|
||
|
ROSALÍA DE CASTRO, en Cantares Galegos: |
EDUARDO
PONDAL, en
Os Eidos |
MANUEL
CURROS ENRÍQUEZ, en
Aires da miña terra |
ANTONIO
NORIEGA VARELA, en
Do ermo |
|
||
|
I Has de cantar meniña gaiteira; has de cantar, que me morro de pena. Canta, meniña, na beira da fonte; canta, dareiche boliñas do pote. Canta, meniña, Con brando compás... Cantarte hei, Galicia, Teus dulces cantares, que así mo pediron na
beira do mare. Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas. Mimosa, soave, Sentida, queixosa, Encanta si ríe, Conmove si chora. Cal ela ningunha tan dose que cante soidades amargas, sospiros amantes, murmuxos da noite: cantarte hei, Gaicia, na beira das fontes que así mo mandaron que cante e que cante na lengua que eu falo. |
Nobre e harmoniosa
fala de Breogán, fala boa, de fortes e grandes sen rival; ti do celta aos ouvidos sempre soando estás como soan os pinos na costa de Froxán;... Ti, sinal misterioso dos teus fillos serás que polo mundo dispersos e sen abrigo van... Serás épica tuba e forte sen rival, que chamarás aos fillos que aló do Miño están, os bos fillos do Luso apartados irmáns de nós por un destino envexoso e fatal. Cos robustos acentos, Grandes, os chamarás, ¡verbo do gran Camoens, fala de Breogán! |
Fala da miña
nai, fala harmoniosa
en que o rogo dos tristes rube ó
ceo i en que decende a prácida
esperanza ós afogados e doridos peitos... Idioma en que garulan os paxaros, en que falan os ánxeles ós
nenos, en que as fontes solouzan, e
marmullan entre os follosos álbores os
ventos... Ti non podes morrer...¡Eso
quixeran os desleigados que te
escarneceron! Mais ti non morrerás, Cristo das
lenguas; ¡non, ti non morrerás, ouh
Nazareno! Anunciarei o día do teu trunfo por cidades e vilas e desertos, e si por te anunciar me
apedrearen, ¡Inda ó morrer te mentarán
meus beizos! |
O galego é un
suspiriño,
¡é a cousa máis meiga que hai! É o lenguaxe amorosiño, en que oín decir ¡filliño! de labios de miña nai. É faliña que aloumiña, que o noso corazón move para que atallemos axiña coa gracia da limosniña... A devoción e a delor ¡sean sempre ó seu favor! Eu moito a venero, e creo que solamente no ceo pode haber fala mellor. |
|||
|
|
|
|
5 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|||
|
MANUEL MARÍA, en Cantos rodados para alleados e colonizados |
CELSO EMILIO FERREIRO, en Longa noite de pedra |
||
|
Canto
ao idioma galego Idioma meu, humilde, nidio,
popular, Labrego, suburbial e mariñeiro Que fas avergonzar ao burgués, ao señorito e ao
tendeiro: levas sangue do povo e raigañas escuras que anuncian un día novo sen mágoas nen tristuras. Idioma proscrito, asoballado, soterrado, refugado, negado como a pobreza e o delito, fala do emigrante e do maldito: só resoas nos lares das xentes populares. Ti tes que rexurdir puro, poderoso, enteiro para erguer noso futuro de povo absoluto e verdadeiro |
Lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me
gosta, porque me peta e quero e dame a
gaña porque me sai de dentro, alá do
fondo dunha tristura aceda que me
abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces que ao pór a garabata xa non
saben afirmarse no amor dos devanceiros. Falar a fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos do lingoaxe, remo i arado, proa e rella sempre.. Eu fáloa porque si, porque me
gosta e quero estar cos meus, coa xente
miña, perto dos homes bos que sofren
longo unha historia contada noutra
lingua. Non falo para os soberbios, non falo para os ruíns e
poderosos, non falo para os finchados, non falo para os valeiros, non falo para os estúpidos, que falo para os que agoantan
rexamente mentiras e inxusticias de cotío; para os que súan e choran un pranto cotidián de volvoretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non quero arredar as miñas
verbas de tódolos que sofren neste
mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe. Galicia, doce mágoa das Españas, Deitada renta
ao mar, ese camiño...!
|
||
|
6 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|||||
|
O
Correlingua é como unha
especie de marcha que leva catro anos organizándose
coa finalidade de que os nenos e nenas de todos os colexios da Coruña
e arredores se conciencien para falar máis o galego e que teñan o
dereito a medrar co mesmo. E
este ano é o primeiro que participa
o noso instituto. Imos ver que nos contan do feito 3 alumnas de 2º de
E.S.O.: |
|||||
|
O Correlingua
é unha marcha que se realiza co obxectivo de reivindicar o dereito a
medrar en galego e tamén a facer uso desta lingua. Celébrase desde hai 4
anos e nela participan diversos institutos e colexios da Coruña e
arredores. A marcha consistía en percorrer as principais rúas da Coruña,
comezando pola Torre de Hércules e seguindo pola Avenida de Navarra,
praza de España, praza de María Pita, Rego de Augua ata finalizar nos
Xardíns de Méndez Núñez. Nela participaron moitos rapaces e rapazas,
arredor duns 6.400, cun lema que era Pon o galego en todas as bocas, lema que podía verse en
numerosas pancartas. Amenizaban a marcha algúns dos alumnos que levaban instrumentos típicos
galegos, como a gaita, pendeireta, etc. Xa nos Xardíns de Méndez Núñez saíron varias persoas a
reivindicar coas súas cancións o uso do galego e tamén se fixo unha
pequena representación na que se pedía aos alumnos e alumnas que
participasen. Para rematar o acto, fíxose un sorteo premiando aqueles números
que coincidían cos das etiquetas que se lles entregara previamente a
todos os alumnos nos seus respectivos centros. Esta concentración repetiuse en moitos concellos de Galicia coa
finalidade de reivindicar o dereito do galego a medrar como lingua, pero
debemos resaltar que, aínda que era un acto a favor da lingua galega, en
ningún caso se intentou opoñer á lingua española. En conclusión, foi unha xornada entretida para moitos estudiantes, na
que, á parte de pasalo ben, pretenderon facer uso do galego. Paula Hernández, Cecilia Conde e Amanda Villar |
|
||||
|
|
|||||
|
|
|
|
7 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|||
|
CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de
maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no
país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende
convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público
de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de
maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma,
única forma de garantir o seu futuro. Esta é a visión de Sandra
Blanco Rodríguez,
alumna de 2º curso de E.S.O., e
despois de acudir ao Correlingua deste ano, sobre a lingua galega: |
||||
|
O
GALEGO |
|
|
||
|
O uso do galego é unha tarefa de todos
os habitantes de Galicia.Todos temos que conservar a lingua por moitas
razóns, pero eu vou dicir tres das máis importantes: é a lingua
da nosa comunicade autónoma, a falada polos nosos antergos, e se non a
conservamos desaparecerá e non quedará resto dela. Os que hoxe poñen en perigo a súa
existencia somos nós, os xoves. Máis da metade pensan que é unha falta
de tempo. ¿Para que serve falar galego se nos entendemos perfectamente en
castelán?, é a pregunta que se fan moitos. Pero aínda así hai un número
de mozos e mozas que o falan sempre, sen que ningúen lles diga se está
ben ou mal. Moitos só o falan cos seus avós, e isto tamén está ben,
porque así contrubúen á súa pervivencia. A pregunta que nos facemos todos é ¿cómo
podemos axudar?. Pois facendo varias cousas, como conversando en galego
con toda a xente que poidas, sen importarche o que digan os demais, ou
asistindo aos programas de conservación da lingua galega, como por
exemplo o acto celebrado hai pouco, o Correlingua,
que é unha proposta de carácter educativo na que participaron moitos
centros de toda Galicia. En resumo, fala galego, que é unha gran
axuda para a nosa lingua. |
|
|||
|
|
||||
|
|
|
|
9 |
||||||
|
|
|
|
|
||||||
|
|
|
|
|
||||||
|
|
|
|
|
||||||
|
|
|
|
|
||||||
|
|
|
|
|
||||||
|
|
|
|
|
||||||
|
TRAXEDIA
EN RIAZOR |
|
EXPECTACIÓN DO DÉPOR NA CORUÑA |
|||||||
|
O pasado 3 de
maio de 2004 celebrouse no estadio de Riazor (na Coruña), o partido
Deportivo-O Porto. A Coruña
engalanouse toda con bandeiras azuis e brancas, e os coches e autobusus ían
todos con bandeiras branquiazuis. Chegou a hora
indicada, as 9:30. E A Coruña en 24 horas encheuse toda de portugueses,
pero entón a cruel e inxusta derrota chegou, o Deportivo perdeu por 0-1. Como
consecuencia A Coruña tinxiuse de cor negra, porque todos os coruñeses
pensabamos que iamos gañar, e foi moi dificil asimilar esta derrota. Amanda
Villar Maroto, 2º E.S.O.
|
|
O luns 4 de maio o Real Club Deportivo
xogaba as semifinais da Copa de Europa. Este partido
levantou moita expectación polo motivo que se gañaba ír á final da
Copa de Europa. Na praza de
María Pita había bandeiras branquiazuis, en moitas ventás de toda A
Coruña tamén había cousas destas cores, e por suposto na praza de
Pontevedra, no mercado, estaba todo coas cores do Deportivo. A Televisión
de Galicia estivo bastantes días falando deste acontemento histórico,
pero ao final o Deportivo perdeu por 0-1 contra O Porto de Portugal, e
este pasou á final da Copa de Europa, que xogará contra o Mónaco en
Gerkerkirchen (Alemaña) este mes de maio. Carlos Freire Mato,
2º E.S.O. |
|||||||
|
|
|
||||||||
|
|||||||||
|
10 |
|
|
|
||||
|
|
|
|
|
||||
|
Temos
uns magníficos xornalistas no instituto. O que ides ver son,
primeiramente, as as dúas entrevistas realizadas por alumnas de 2º de
E.S.O. a representantes de O.N.G.s. que colaboran en mellorar as condicións
de vida do terceiro mundo e da infancia., e despois entrevistas realizadas
a dous profesores do centro por alumnos de 3º de E.S.O. |
|||||||
|
|
|
|
|
||||
|
ENTREVISTA A MAIKA (INTERMON OXFAM) |
|
|
|||||
|
|
|||||||
|
|
|
|
11
|
||||
|
|
|
|
|
||||
|
|
|
|
|
||||
|
|
|
|
|
||||
|
|
|
|
|
||||
|
|
|
|
|
||||
|
|
|
|
|
||||
|
|
|
ENTREVISTA A MARÍA (TERRA DE HOMES) |
|||||
|
|
|||||||
|
12 |
|
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
||||||||||
|
|
|
|
|
||||||||||
|
ENTREVISTA A CARLOS VALCARCEL |
|
|
|||||||||||
|
|||||||||||||
|
|
|
|
13
|
||||||
|
|
|
|
|
||||||
|
|
|
|
|
||||||
|
|
|
|
|
||||||
|
|
|
|
|
||||||
|
|
|
|
|
||||||
|
|
|
|
|
||||||
|
|
|
ENTREVISTA A JAIME DUQUE |
|||||||
|
|||||||||
|
|
|
||||||||
|
|
|
||||||||
|
14 |
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
||
|
|
|
|
|
|
||
|
ACTIVIDADES MUSICAIS 2003-2004 |
|
|||||
|
Neste curso 2003-04 o alumnado de música
do instuituto asistiu a diversos concertos realizados no Palacio de
Congresos. Estes concertos foron de diversas clases:
. Algúns para instrumento solista e orquestra, no que o
protagonista é o solista e de cando en vez ten diálogos coa orquestra e
noutros casos é el só o que enche de música a sala de concertos. Un
exemplo foi o Concerto para violín
e orquestra de Beethoven.
.
Noutro dos concertos aos que fomos había unha participación dunha
cantante, era na Novena Sinfonía de
Beethoven.
. Dentro
da participación da voz humana cabe destacar outra obra de gran
importancia como é a Sinfonía nº
4 en sol maior de Mahler, que a escribe para soprano solista (só no
último movemento) e orquestra, coa seguinte configuración: catro frautas,
tres oboes, tres clarinetes, tres fagotes, tres trompetas, catro trompas,
percusión, timbais, glokenspiel, corda frotada e harpa.
. Hai outras obras que sen ter instrumento ou cantantes solista,
tamén teñen unha gran importancia no mundo da música, como é por
exemkplo a Sinfonía tres en mi
bemol maior, Heroica, op. 55 de Beethoven, que aínda que non ten
instrumento solista, certos instrumentos xogan un papel fundamental ao
longo da obra.
Estes concertos serven para enriquecer musicalmente os alumnos, e a
isto axuda que nos proporcionan unhas guías didácticas sobre cada audición
para así comprender mellor as obras que escoitamos.
Finalmente, e como complemento da audición, comentamos e debatemos
o concerto no espacio da aula. Isabel Diego,
2º B Bacharelato |
||||||
|
|
|
|
|
|||
|
|
|
|||||
|
|
|
|||||
|
|
|
|||||
|
|
|
|||||
|
|
|
|||||
|
|
||||||
|
|
||
COLABORAN:
Adrián Prado Gorka Paula Hernández
Alicia Conde
Amanda Villar
Sandra Blanco Rodríguez
Andrea Portela
Iglesias Cecilia Conde López
Carlos
Freire Mato Adrián
Freire
Adrián Lema Manuel Castiñeira Iago Taibo Alfonso Souto Sarai Vilar Isabel Diego |
||
COORDINACIÓN:
Dores Gómez MONTAXE: Carmen Vecino |
||
|