1.html1.html


AS RECEITAS DOS NOSOS ALUMNOS



Polbo á feira


Ingredientes (4 persoas)


Polbo, 2 kg. (1 peza)

Patacas, 800 grs.

Cebola, 1 grande

Aceite, para a allada, 250 ml.

Allo, para a allada, 2 dentes

Cebola, para a allada, ¼

Loureiro, para a alladañ, 1 folla

Pemento doce, ½ culleirada

Pementón picante, para a allada, un chisco

Vinagre, para a allada, un chorriño


Preparación:


Mázase o polbo (golpeándoo contra unha rocha. Uns 30 ou 33 golpes). Ponse unha cazola ó lume con auga e unha cebola. Ó comezar a ferve-la auga, métese o polbo, collido pola cabeza, tres veces na auga fervendo, introducíndoo despois definitivamente na auga e dixándoo ferver a pouco lume uns 15 minutos aproximadamente. Transcorrido ese tempo, engádense as patacas, preferentemente enteiras se son pequenas. Pínchase o polbo e as patacas e, cando estean cocidas, retíranse do lume e sácanse da auga. Córtase o polbo, colócase enriba das patacas e bótaselle unha allada*, sempre quente.


Allada:


Póñense os allos picados, a cebola e o loureiro a dourar no aceite. Cando estea todo dourado retírase, déixase arrefríar un pouco e engádeselle media culleradiña de pemento doce, cun chisco de pemento picante e un chorriño de vinagre.


Santiago Ros Pérez, 2º ESO.




Caldo galego


Ingredientes (6 persoas):


Unha cunca de fabas brancas

Un anaco de lacón

Outro anaco de touciño vello

3 patacas grandes

Unhas follas de berza (repolo ou grelos)

Un anaco de manteiga de porco un pouco rancia

Un allo


Preparación:


Póñense as fabas a remollo en auga fría, déixase o lacón en auga morna durante a noite.

Nunha cazola grande, con bastante auga fría, póñense a coce-las fabas, o lacón e mailo touciño. Cando as fabas estean medio cocidas, engádeselle a berza medio picada. Unha vez cocido todo, engádense as patacas cortadas en anacos grandes. Nunha tixola derrétese a manteiga de porco. Cando estea ben quente, rústrese un allo e engádese ó caldo, sálg*6ase e déixase cocer unha hora máis. Ten que estar caldoso.



mapoula02


mapoula03


mapoula04


mapoula05


mapoula06


mapoula07


mapoula08


mapoula09


mapoula10


mapoula11


mapoula12


mapoula13


mapoula14


mapoula15


mapoula16


mapoula17


mapoula18


mapoula19


mapoula20


mapoula21



mapoula22


mapoula23


mapoula24


mapoula26


mapoula27


mapoula28


mapoula29


mapoula30


mapoula31


mapoula32


mapoula33


mapoula34


mapoula35


mapoula36


mapoula37


mapoula38


mapoula39


mapoula40


mapoula41


mapoula42



mapoula43


mapoula44


mapoula45


mapoula46


Mapoula47

mapoula48

mapoula49



mapoula50



mapoula51



mapoula52



mapoula53



Mapoula54



mapoula55