mapoula01



ENTREVISTA A Javier Reigada Braojos



¿GUSTARÍACHE SER DIRECTOR ARTÍSTICO OU DE TEXTURAS NUNHA PELÍCULA?

-No ano 2001 estreouse “O bosque animado”, unha película feita en A Coruña por Dygra Films. Falamos con Javier Reigada Braojos, un dos Directores Artísticos, xunto con Alberto Taracido, desta película. É tamén o Director de Texturas da nova película “O soño dunha noite de San Xoán”, que espera estrear o día de San Xoán deste mesmo ano 2005.

¿COMO É O TRABALLO DUN DIRECTOR ARTÍSTICO?

-O labor dun director artístico básicamente resúmese en deseñar a película, deseñar todos os obxectos, todos os personaxes, o seu vestiario...Cando falamos de deseñar, falamos de todo tipo de deseño, desde as formas, as cores, os tons, os atardeceres, os amañeceres, as noites... En “O bosque animado” Alberto Taracido, o outro director, adicouse a facer os deseños a lapis das plantas das habitacións do pazo, de todo o pazo, o mapa da fraga, onde estaba cada árbore, o camiño, etc. Eu estiven adicándome máis ó que é cor e fotografía.


¿POR QUE FURI, PERSONAXE DE “O BOSQUE ANIMADO”, É AZUL?

-Prácticamente Furi o único que ten de topo é o nome, que ten pelo e que se pode meter baixo terra. Os primeiros esbozos que fixera Alberto parecíanse moito máis a un topo, pero resultaba un personaxe un pouco desagradable, tiña garras, porque os topos teñen garras, e tiña a cor natural dun topo, un marrón escuro, e pouco a pouco fomos cambiándoo, ata que chegamos ó que en realiade é, un osiño de peluche. ¿Por que azul? Pois probamos moitos tons, isto xa en 3D, tiñamos que buscar algo que destacase sobre os marróns do chan xa que un topo pasa a súa maior parte do día baixo a terra, se o poñiamos marrón case non se ía ver, e como isto é unha película de debuxos, decidimos poñer o azul, que é un complementario ó marrón.


¿O PAZO D ABONDO EXISTE?

-Non, en realidade non. Visitamos, antes de comezar, uns cinco pazos, no que máis tempo estivemos foi no Pazo de Oca, e no que nos fixabamos básicamente era en como estaban distribuídas as habitacións, que tipo de teitos tiñan, a súa altura, se as escaleiras eran de madeira, de pedra, hacia un lado, hacia dous, con forma de caracol, as cociñas con lareira, etc. Logo fixemos o noso propio pazo.


¿CAL É O NOVO PROXECTO?

-O novo proxecto titúlase “O soño dunha noite de San Xoán”, é unha libre adaptación de “O soño dunha noite de verán” de Shakespeare, digo libre porque practicamente só os nomes dos personaxes teñen que ver coa obra deste autor. Non ten semellanza con “O bosque animado”, deuse un salto cualitativo moi grande , metémonos nunhas tecnoloxías que nunca imaxinaramos con “O bosque animado”, cuestión de roupa, pelo, e facer seres humanos incribles; ten tamén máis escenarios e personaxes, traballa moita máis xente. A dirección artística desta película levouna Alberto Taracido, eu adiqueime a dirixir o departamento de texturas.


¿CAL É O TRABALLO DUN DIRECTOR DE TEXTURAS?

-Unha textura significa unha apariencia, non só unha cor. Son uns brillos, cores dos brillos, unha difusión da luz, relevos... Entón se texturiza cada obxecto que sae na película. O que fai o director de texturas é dirixir a un equipo de xente que realiza as texturas de todas as cousas na orde na que as require a produción e así ter uns personaxes cribles, que parezan debuxados, integrados os uns cos outros e nos entornos nos que se moven. Agora mesmo hai seis persoas traballando para texturas nesta produción.


¿CANTO SE TARDA EN FACER UNHA TEXTURA?

-Como xa dixen antes unha textura non é soamente a cor dunha cousa, tamén a apariencia que ten. Se nos fixamos nunha parede pode ter unha serie de vultiños que lle dan unha apariencia especial, entón unha textura implica un volume ou uns brillos, xa sexan concentrados como os do cristal ou máis estendidos como o plástico. Unha textura require unha serie de atencións especiais en canto ó relevo, á cor e ó brillo, isto implica uns mapas que hai que pintar, entón algo sinxelo como unha bóla de aceiro, tárdase en facer cinco minutos, en cambio na cara dun humano, pódese tardar unhas semanas. Por exemplo, o carballo levou case un mes, Luci fíxose en dous días.




¿QUE IMPRESIÓN VOS CAUSA VER UNHA PELÍCULA DE PIXAR FEITA DA MESMA MANEIRA PERO CON MÁIS XENTE?

-Máis que nada causa rabia. Rabia de pensar que se nós fósemos tanta xente como son eles, poderiamos realizar algo moito mellor do que en realidade facemos. Nós sempre traballamos baixo presión, temos moi pouco tempo para facer todo porque somos, máis ou menos, o que é só o equipo de iluminación de Pixar. Entón non é que dea rabia porque eles sexan mellores, sinxelamente teñen máis tempo e máis xente, pero, por outro lado, tamén nos marabilla e nos emboba cando vemos unha película deste tipo. Gustaríanos ter tempo para facer todo o que queremos, de feito, esta película non a acabamos como nós quixeramos. Entendemos tamén que o público obxectivo non se para a mirar na película montóns de cousas que nós vemos que se poderían mellorar. Pero o feito de ver un as cousas que fai e ver que as pode mellorar, por un lado molesta, pero por outro axuda sempre a perfeccionar o seguinte produto.


Marta Reigada Fernández ( 1º Bacharelato C)


mapoula02

mapoula03

mapoula04

mapoula05

mapoula06

mapoula07

mapoula08

mapoula09

mapoula10

mapoula11

mapoula12

mapoula13

mapoula14

mapoula15

mapoula16

mapoula17

mapoula18

mapoula19

mapoula20

mapoula21

mapoula22

mapoula23

mapoula24

mapoula25

mapoula26

mapoula27

mapoula28

mapoula29

mapoula30

mapoula31

mapoula32

mapoula33

mapoula34

mapoula35

mapoula36

mapoula37

mapoula38

mapoula39

mapoula40

mapoula41

mapoula42

mapoula43

mapoula44

mapoula45

mapoula46

mapoula47

mapoula48

mapoula49

mapoula50

mapoula51








mapoula52


mapoula53