mapoula01

CARLOS NÚÑEZ ÍSPESE ANTE MAPOULA


Fálanos dos seus amores, inquedanzas, proxectos e recoñece que habería que investir máis no ensino. Confesa: “cada vez que volto aquí é como escribir un diario secreto”


Considerado internacionalmente coma un músico extraordinario, o noso gaiteiro máis internacional visitou a Coruña para presentarnos o seu novo traballo: “Carlos Núñez e amigos”dentro do terceiro ciclo de Música con Raíces. Hoxe témolo frente a frente nunca entrevista para a nosa revista Mapoula, no que pasou de ser unha monótona entrevista a un animado diálogo


-Gracie mile- - di nada máis saludarnos e descúlpase pola rouquemia que padece, causa dunha gripe que case, case (segundo palabras textuais) está a punto de abandonalo.


Leva todo o ano de xira por mundos lonxanos, EEUU desde xaneiro ata a metade de marzo, dúas semanas en Francia

Estou esgotado pero feliz. Foi durísimo pero moi interesante, fixemos as festas de San Patricio ( Irlanda) en New York cos nosos amigos os Chiftains


De xira por todo o mundo e agora voltámonos a ver cinco anos despois do concerto de xullo de 2000 na Praza de Mª Pita…¡Si! É verdade, lémbroo como se fose agora, un concerto de verán, marabilloso, estaba a praza a rebosar e foi para min unha noite máxica (Risas)


Pero, en que e como evolucionamos?

Desde o primeiro concerto en Coruña…, no Palacio de Congresos no ano 1993, no que trouxemos aos Chieftains desde Irlanda e no que eu era aínda prácticamente un estudiante, lembro como se fose agora a ilusión que tiña a xente, as ganas e a fame que había de atoparse outra vez coa nosa propia música. Creo que desde entón vimos que A Coruña foi unha cidade moi xenerosa para a música, cun público moi fiel e que foi creando un grupo de xente que o vive con profundidade, e que cada concerto cada vez que volvo aquí é coma un diario secreto onde, de cada vez, escribes esas vivencias que vas pasando.(Mirámonos) A última delas?... a que escribimos estes días onde nos imos facendo máis maiores todos (Risas) e cando a música galega vai facéndose cada vez máis universal; eu creo que este é un momento extraordinario.


Comenta que a música galega vai facéndose cada vez máis universal e lembro que alguén…confesoume algunha vez… (risas) que lle encantaría realizar unha xira pola India, para cando ese proxecto?

Teño moitísimos, moitísimos proxectos, cada vez os meus discos van sendo máis complexos, teño moitas ideas con respecto ao Mediterráneo, pero xa chegará… igual que dixen nalgunha ocasión respecto a Latino América, onde hai un gran proxecto agradando. Algún día chegará, pero quero facelo ben, con tempo, xa que cada disco deses, precisas moita adicación e leva moito tempo. Ao igual que ter mesturado a música galega coa flamenca que me levou máis de tres anos soamente gravar, e investigar… moitos máis. Outro dos meus soños sería tocar en directo algo que xa gravei, como cando gravei con Monserrat Caballé e que aínda non o tocamos en directo.


Gaiteiro, flautista, pioneiro, investigador, productor, comunicador carismático e embaixador cultural, músico e compositor de éxito… que lle queda despois de ter, tamén, as costas cubertas, entre outras cousas, polas bandas sonoras de A Illa do Tesouro, con Charlton Heston e Oliver Reed e máis recentemente Mar Adentro de Alejandro Amenazar?

(Risas)…É a primeira vez que tocamos en directo e en concerto a música de Mar Adentro. Por certo, os Oscars colléronnos de xira por EEUU; estabamos en California, preto de Os Ánxeles, cando oímos a noticia. Ninguén de nós podiamos imaxinar ata onde podía acadar esta aventura de Mar Adentro. Foi moi enriquecedor coñecer a Amenábar e poder traballar cunha persoa que se entrega tanto, polo menos profesionalmente, na súa sinxeleza e inclusive na adicación absoluta ós seus soños e a súa gran profesionalidade… e encantoume ademais que tivese a valentía de gravar Mar Adentro en Galicia, que me abraiou, e que quixese ter ese respecto grande por tódolos profesionais e tódolos músicos….aos que respecta moitísimo. É un gran melómano, como sabes (Risas)…


Vímonos nalgunha ocasión, sei como traballa, pero, como é o proceso desde dentro?

Fixemos todo un proceso de casting de instrumentos detrás de cada melodía de Mar Adentro, ao igual que el fai no cine escollendo ós actores, nós escolliamos os instrumentos; diciamos: a ver Alejandro, como che gusta máis?... con esta ocarina, con esta gaita, cunha irlandesa, cunha escocesa, cunha galega?... aquí probamos unha zanfona?...


Coméntase, que existe a posibilidade de que o propio Amenábar toque no escenario.

Vexo que sempre estás moi ben informado… (Risas) Ben… iso é unha vella pelexa que sempre teño con Alejandro porque el di que ten pánico escénico e cando lle puxen unha zanfona encima das mans e lle empezou a gustar tanto aquilo,… dicía: Isto é como o Casiotone medieval…!. Eu dicíalle: imos a subila a un escenario para que a xente tamén dismitifique a música e as nosas escenas. Pero supoño que aínda non se lle sacou o medo. Vou intentalo outra vez dentro dunha ou dúas semanas cando toquemos en Madrid para os Premios da Música


Premios para os que están nominados tanto por Mar Adentro como por “Carlos Núñez e amigos”, non?

Efectivamente, ademais a música de Mar Adentro demostrou que é música con maiúsculas, música que funciona por si mesma, máis alá da película. É certo que a música é coma un mosquito, algo moi pequerrecho na película, pero penso que no caso especial de mar Adentro reflicte de forma axeitada como é Galicia… que é unha especie de ópera dos sentidos onde todo está moi relacionado: arquitectura, literatura, música, cociña…


Desde os doce anos que foi invitado a tocar coma solista na Orquestra Sinfónica de Lorient unha composición do irlandés Shaun Davey, tocou cos Chieiftains, dos que falamos antes, Luz casal, Roger Hodgson ( Supertramp), Ry Cooder, La Vieja Trova Santiaguera, Vicente Amago, Noa… e incluso compartiu escenario con lendas vias coma Bob Dylan ou Sinead O´Coonor. Atreveríase coa Orquestra Sinfónica de Galicia ou un cara a cara gaita-piano?

Marabilloso… Esa pregunta só xorde nunca cidade como A Coruña, que ten precisamente un público moi acostumado á orquetra. A Orquestra Sinfónica é un dos valores e un dos emblemas desta cidade e creo que é unha das miñas asignaturas pendentes: facer algún día algo con Gaita e Orquestra Sinfónica. Hei de confesar que xa fixen algo, pero sempre fóra de casa: agora en EEUU tocamos algo con Orquestras e en agosto deste ano imos tocar en Tokio coa Orquestra Sinfónica, pero a miña ilusión sería facelo aquí, na casa


Poderiamos atopar algo disto no seu próximo traballo?

Si, é posible que vaia bastante relacionado con ese mundo, con esas colaboracións, con algunha Orquestra Sinfónica e incluso coa secreta relación que existe coa música clásica. A música tradicional de Galicia desde xa hai moitos séculos ten unha secreta relación, xa desde o Barroco, o Renacemento ou a Idade Media coa música clásica. Cancións que todos coñecemos como Negra Sombra era unha música clásica e orquestral e estas cancións foron das pricipais vías para dar a coñecer a nosa música. En Galicia sempre houbo unha cultura musical clásica moi interesante.

mapoula02

mapoula03

mapoula04

mapoula05

mapoula06

mapoula07

mapoula08

mapoula09

mapoula10

mapoula11

mapoula12

mapoula13

mapoula14

mapoula15

mapoula16

mapoula17

mapoula18

mapoula19

mapoula20

mapoula21

mapoula22

mapoula23

mapoula24

mapoula25

mapoula26

mapoula27

mapoula28

mapoula29

mapoula30

mapoula31

mapoula32

mapoula33

mapoula34

mapoula35

mapoula36

mapoula37

mapoula38

mapoula39

mapoula40

mapoula41

mapoula42

mapoula43

mapoula44

mapoula45

mapoula46

mapoula47

mapoula48

mapoula49

mapoula50

mapoula51

mapoula52

mapoula53