mapoula01



mapoula02

HOMENAXE Á NOSA PROFESORA


Manuela Boullón Iglesias, máis coñecida como MANOLA. Como todos saberedes dá clase no noso centro aos alumnos/as do primeiro ciclo da E.S.O., e a nós en particular deunos clase durante dous anos durante os cales foi tamén a nosa titora e AMIGA. O ano que vén xa non estará connosco dado que se prexubila despois de corenta anos na docencia dos que oito estivo no noso centro.

Foi moi boa profesora e a nós axudounos moito, se facía falta quedarse nun recreo ou utilizar o seu tempo libre connosco, facíao desinteresadamente e sen dubidalo; nos anos

que nos deu clase, demostrounos que podiamos contar con ela para todo o que quixésemos. Sempre nos contaba anécdotas e experiencias persoais para facilitarnos a aprendizaxe. Era moi participativa e sempre se “apuntaba” a todas as actividades extraescolares para acompañarnos, con ela pasabámolo moi ben.

O primeiro ano que estivemos no centro, ela estaba decote pendente , aínda agora que non nos dá clase, preocúpase por nós; cando nos encontramos con ela polo corredor,pregúntanos como nos van as cousas...

En resumo, Manola é unha belísima persoa e moi querida por todos.



PROFE, SEMPRE TE RECORDAREMOS E ESPERAMOS QUE TI TAMÉN A NÓS.BIQUIÑOS.



Cecilia Conde

Paula Hernández

Nuria Varela


mapoula03



mapoula04


mapoula05


mapoula06


mapoula07


mapoula08


mapoula09


Mapoula10


mapoula11


mapoula12


mapoula13


mapoula14


mapoula15


mapoula16


mapoula17



mapoula18


mapoula19


mapoula20


mapoula21


mapoula22


mapoula23


mapoula24


mapoula25


mapoula26


mapoula27



mapoula28

Entrevista á nosa profesora Manuela Boullón


Manola é a nosa profesora de matemáticas e titora. Este ano vaise xubilar e coma homenaxe fixémoslle esta homenaxe para a nosa revista escolar e así ter aínda un mellor recordo seu.


  1. Cantos anos leva no ensino? Levo 40 anos.

  2. E cantos anos neste instituto? 8 anos.

  3. En que outros centros estivo? En Montel Touzet, Carral, Mazaricos e Ares.

  4. Cando chegou ao IES Durmideiras; Cal foi a súa primeira impresión? Moi forte por non estar acostumada ao ambiente e ao trato cos alumnos mayores.

  5. Cales son as asignaturas que máis lle gusta ensinar? Matemáticas e Naturais.

  6. De pequena, quería xa ser profesora? Non, quería ser químico.

  7. Pasou bos anos neste Centro? Pasei moi bos anos neste centro.

  8. Cambiaría algo do ensino? Pois que non cambien tanto os plans de estudio.

  9. Podería contarnos algunha anécdota graciosa dos seus anos de ensino? Un ano polo entroido cando impartía clases en Carral, un neno quixo gastarme unha broma. Púxose detrás da porta cun “ spray” de serpentina para botarma cando entrase. Cando abrín a porta para entrar ( eu xa notara que había un silencio demasiado estraño) o rapaz pulsou o spray, pero tíñao mal colocado, puxérao para a súa cara sen darse conta e botouse el mesmo toda serpentina na súa e eu libreime.

  10. Tivo alumnos difíciles de controlar? Si, neste instituto o primeiro ano que cheguei.

  11. A que se vai adicar agora que vai ter moito tempo libre? A pintar, ler, pasear, escoitar música e levar a vida con máis tranquilidade.

  12. Ten algún “hobby” en especial? A pintura.

  13. Cal cre que será a sensación dos últimos días de clase triste, ...alegre,... nostálxico? Nostálxico.

  14. Quere engadir algo máis en especial? A satisfacción do deber cumprido e de ter axudado a moita senté.


Moitas grazas e esperámola de visita o próximo curso.


Enquisa realizada polos alumnos de 1º de ESO: Lucía Bravo,Leticia Ramos, Juan José Redondo e Sergio Vilar.

mapoula29

mapoula30

mapoula31

mapoula32

mapoula33

mapoula34

mapoula35

mapoula36

mapoula37

mapoula38

mapoula39

mapoula40

mapoula41

mapoula42

mapoula43

mapoula44

mapoula45

mapoula46

mapoula47

mapoula48

mapoula49

mapoula50

mapoula51

mapoula52