mapoula01







PING-PONG

mapoula02

mapoula03



mapoula04





Durante o curso 2004-2005 no IES Adormideras fixéronse varias reformas como, por exemplo, o peche do porche ou as novas reixas. No interior do novo local, que está en fronte da cafetería, púxose unha mesa de ping- pong. Agárdase que sigan ampliando a oferta de xogos: como un billar ou un futbolín. Nela tamén se poderán facer exposicións.

Esta enquisa representa a totalidade do colectivo do instituto, só unha pequena mostra dalgunhas opinións.



  1. Que opina vostede das reformas do instituto?



  1. Estás de acordo coa utilización que se fai deste novo local?






-Eva Martínez (profesora de lingua española)



1: Paréceme ben que se teña cuberto o porche. Así os alumnos pódense resgardar da choiva e créase un espazo de convivencia.

2: Tamén me parece ben que se empregue como sala de recreo, con xogos como o ping-pong e que tamén está ben como sala de exposicións.






-Manuel Gey ( profesor de latín)

1: As reformas, en xeral eran moi necesarias e convenientes. Tamén podemos adiantar que na parte de atrás do instituto poñerase un portalón novo onde estaba o vello.

2: Isto aínda está imcompleto, xa que se poñerán xogos de xadrez, damas e demais xogos recreativos. O uso do local non é completo xa que será utilizado tamén como local de exposicións. O único negativo que ten a construcción deste local é que co pouco tempo que leva pintado xa está cheo de manchas.



-Maribel Martín ( profesora de xeografía e historia)

1: As reformas eran necesarias , xa que na miña opinión este instituto é un dos mellores equipados nas aulas e forra delas. O único que debía facer o instituto era salientar máis que é un instituto de artes.

2: Paréceme interesante e unha opción dos alumnos para desenrolar unha actividade lúdica. O único que non me gusta é a mala utilización (o refuxio dos alumnos que non queren ir a clase)



-Stefan Loureda ( alumno de 4º ESO)

1: Esta sala era necesaria para ter un lugar de exposicións de arte. Ademais o lugar antes de ser reformado estaba moi deteriorado.

2: A min gústame como quedou este local pero non me gusta que haxa só unha mesa de ping-pong , debería ter máis.



-Rubén Pérez ( alumno 4º ESO)

1: Non me gusta porque as reformas que se fixeron son inútiles. Ademais o local debería estar aberto tamén os días que non houbese clase, que puxeran un vixiante.

2: Non me parece ben que se puxese unha mesa de ping-pong xa que podía ser perfectamente unha sala de fumadores.



-Jorge Espasandín ( alumno 4º ESO)

1: Son necesarias, pero tamén teñen que deixalas disfrutar moito máis xa que a mesa de ping-pong só é ocupada por uns poucos.

2: Non me parece ben que se empregue como sala de exposicións , isto debería estar aberto toda a semana sen que houbese clase para poder aproveitala máis.

mapoula05

mapoula06

mapoula07

mapoula08

mapoula09

mapoula10

mapoula11

mapoula12

mapoula13

mapoula14

mapoula15

mapoula16

mapoula17

mapoula18

mapoula19

mapoula20

mapoula21

mapoula22

mapoula23

mapoula24

mapoula25

mapoula26

mapoula27

mapoula28

mapoula29

mapoula30

mapoula31

mapoula32

mapoula33

mapoula34

mapoula35

mapoula36

mapoula37

mapoula38

mapoula39

mapoula40

mapoula41

mapoula42

mapoula43

mapoula44

mapoula45

mapoula46

mapoula47

mapoula48

mapoula49

mapoula50

mapoula51



mapoula52



mapoula53