mapoula01

ARIES

O seu signo de lume: a chispa.

O seu trazo máis evidente: a impetuosidade.

A súa frase favorita: ¡PRIME!.

O seu lema: a vida é breve ....¡hai que darse présa!

Aries nunca pensa o que vai facer, non sexa que alguén se lle adiante. Por iso, cando anda, faino coa cabeza por diante do tronco e se alguén chega ó mesmo tempo ca el, polo menos lle saca a cabeza: ¡Prime...!

Aries vai de corazón á acción, sen reflexión, tírase dende o trampolín, e cando vai pola metade, descobre que na piscina non hai auga...¿e que?.

A palabra derrota non existe no seu vocabulario, tras a labazada levántase con cinismo e dignidade e exclama: -¡Oe, mirade se cambiades a auga que está collendo corpoO seu signo de lume: a chispa.


TAURO


É un signo de terra: a casa.

O seu trazo máis evidente: a inagotable paciencia.

A súa frase favorita: penso, logo insisto.

O seu lema: a vida é breve, goza, paseniño e así dúrache máis.

Tauro, cando anda, non levanta un pé se o outro non o ten no chan, crea historia en cada paso. Aries tírase do trampolín sen mirar, e Tauro, antes de subrirse ó trampolín, sabe o nome do construtor, os materiais empregados, a capaciade de auga e os graos de temperatura, e despois se tira.

Aries actúa na vida con determinación, e Tauro con obstinación. Aries quere que todo o mundo lle obedeza e Tauro ten unha infinita paciencia para que os demais cambien de opinión.

Polo tanto a súa relación podería ser esta: Aries dille a Tauro que está a dez metros:”¡Ven aquí!”, iso é determinación. Ó que Tauro contesta:”¡Non!”, e iso xa é obstinación. O resto da relación podería ser a seguinte:

Aries:¡Ven aquí...!

Tauro: (sen moverse) ¡Non!

Aries: (avanza dous pasos) ¡Ven aquí!

Tauro: (sen moverse) ¡Non!

Aries: (avanza dous pasos) ¡Ven aquí...!

Tauro: (sen moverse) ¡Non!

Aries: (avanza dous pasos e encóntrase fronte a Tauro)¡ Así me gusta, que veñas ata onde eu che digo!


XEMINI

É un signo de aire: a refolada.

O seu rasgo máis evidente: ser varios nun só.

A súa frase favorita: verdade que todo é mentira.

O seu lema: a vida é breve, pero como non fagas dúas cousas ó mesmo tempo, faiseche un pesadelo.É un signo de aire: a refolada.

Ë unha refolada de aire con corpo humano, á cal, non só non se lle ve vir, senón que tampouco se lle ve marchar. Todos temos un “eu” que manexa o noso carácter, pero Xémini ten dous “eu” ou sexa, EU-EU, ás veces ten máis. Un deles é doce e animador e o outro é crítico e revoltoso, por iso Xémini non ten termo medio, ou ve as túas virtudes ou ve todos os teus defectos, depende do xemelgo que lle toque. Se lle toca o xemelgo doce, é posible que che diga:

Estás máis mozo que nunca...

Pero como o pilles co xemelgo revoltoso, poida que che diga:

    Ogallá chegues a idade que representas.

CANCER



É un signo de agua: o mar.

O seu rasgo máis evidente: a inseguridade sentimental.

A súa frase favorita: sinto, logo existo.

O seu lema: a vida é breve, polo menos que te quera alguén.

De entrada non che dan un anaquiño de confianza;, téñela que gañar a base de cariño e ternuras e de dicirlle mil veces que o queres, porque cáncer, máis que un sentimental é vampiro do cariño, todo o amor é pouco. Ti dislle:

    -Quérote.

E cáncer pregúntache

¿Canto?CANCER


LEO

É un signo de lume: o sol.

O seu rasgo máis evidente: ser o centro de atención.

A súa frase favorita: pero sigo sendo o rei (ou raíña).

O seu lema: se a vida é breve, sácalle brillo.

Leo é a estrela do zodíaco, a que máis brilla. É fácil distinguilos, é ese (ou esa) que se queda mirando a un foco ó tempo que exclama:

-¡Meu Deus, que luz lle estou dando ó foco!

Leo ten un alto concepto de si mesmo. A ti preséntanche a un Leo e dislle:

    -Encantado de coñecerte.

Leo responde:

    -Enténdo

    VIRGO

É un signo de terra: a colleita.

O seu rasgo máis evidente: a preocupación.

A súa frase favorita: Permítame que lle corrixa.

O seu lema: A vida é breve e ademais nada está no seu sitio.


Virgo é unha lupa con pernas que empeza a ver onde ti terminas. Chega á túa casa e o primeiro que fai é pasar o dedo polo televisor para ver se ten po; e como ten ese humor socarrón, dirache:

-Oe, esta tele ten solera.

O que a Virgo se lle escape! Por iso , o seu estado natural é a preocupación.

    -“Toi preocupao, toi preocupao...”

Un dille:

    -Pero se non pasa nada.

E Virgo sentencia:

    -¡Iso é o que máis me preocupa!

LIBRA



É un signo de auga: a brisa.

O seu rasgo máis evidente: a dúbida.

A súa frase favorita: Ás veces si, ás veces non...

O seu lema: Non teño a máis mínima dúbida; a vida é breve...¿ou non?.

É mentalmente rápido, o seu único inconveniente é que ó tempo que se lle ocorre unha idea, ocórreselle unha dúbida:

    -Si, si , téñoo claro, este ano caso...e se non é este ano, o que vén....,ou dentro de tres, que tampoco teño que precipitarme.

As cancións de Libra, Julio Iglesias, son un tratado sobre a indecisión: nin te teño, nin te esquezo, ás veces si, ás veces non, nin o teu gato gris, nin o teu can fiel.

Nunca están seguros de todo, e iso converte a un Libra nun discutidor case profesional, pero non cho recoñecerá nunca, tes que poñerlle trampas, como ós osos. Ti dislle:

-¡A ti gústache moito discutir!

E Libra dirache:

    -Iso non é certo..., e discútocho cando queiras.





mapoula02

mapoula03

mapoula04

mapoula05

mapoula06

mapoula07

mapoula08

mapoula09

mapoula10

mapoula11

mapoula12

mapoula13

mapoula14

mapoula15

mapoula16

mapoula17

mapoula18

mapoula19

mapoula20

mapoula21

mapoula22

mapoula23

mapoula24

mapoula25

mapoula26

mapoula27

mapoula28

mapoula29

mapoula30

mapoula31

mapoula32

mapoula33

mapoula34

mapoula35

mapoula36

mapoula37

mapoula38

mapoula39

mapoula40

mapoula41

mapoula42

mapoula43

mapoula44

mapoula45

mapoula46

mapoula47

mapoula48

mapoula49

mapoula50

mapoula51

mapoula52

mapoula53