mapoula01




mapoula02


Desde o 11 M ata hoxe moito se escribiu e pouco quedou claro sobre a autoría, implicacións, derivacións, probas..., e que sei eu dos horrorosos atentados.

O único que no meu ánimo, e creo no que de toda Europa, permanece imborrable é o recordo das víctimas e o desexo de saber quen son os asasinos. Xa pasou un ano, que non pase outro sen saber quen foi.



Miguel Legazpi Aller 3º E.S.O.


mapoula03


mapoula04


mapoula05


mapoula06


mapoula07


mapoula08


mapoula09


mapoula10


mapoula11


mapoula12



mapoula13

COMO O AZAR PODE SALVAR A VIDA


Meu irmán Andrés vivía en Madrid cando ocorreu o atentado do 11 de marzo do 2004.


A noite anterior ó atentado, el chegou a casa de vacacións, se non viñese, tería collido, como facía todos os días, un deses trens que estouparon, morreron tres amigos e dous estiveron desaparecidos.

Cando oíu a noticia do atentado na televisión , quedoulle a cabeza en branco, o único que pensaba era que non podía ser real, que o que estaba oíndo e vendo, non estaba sucedendo.

A súa primeira reacción foi voltar a Madrid, cousa que non puido facer ata que pasaron tres días, non foi capaz de obter un billete en ningún medio de transporte. Cando chegou, colleu un tren que facía a mesma liña , mentres ía nese tren sentiu moitas cousas, o que estaba vendo, facíalle encoller o corazón e en tristeza en rabia.Ó chegar á estación e ver todos os cirios, notou un baleiro no corazón, quedou bloqueado sen poder facer nada. Desaparecéranlle dous amigos que foron atopados dous días despois, un deles tiña un golpe na cabeza e feridas en todo o corpo, o outro tamén apareceu dous días despois,morto.


Desde ese día meu irmán non é o mesmo, é certo que é algo que forma parte das nosas vidas, pero meu irmán nunca o esquecerá e sempre levará consigo esa rabia que queda dentro, nunca desaparecerá.



Leticia Rois Mañana 1º BACHARELATO C

apoula14

mapoula15

mapoula16

mapoula17

mapoula18

mapoula19

mapoula20

mapoula21

mapoula22

mapoula23

mapoula24

mapoula25

mapoula26

mapoula27

mapoula28

mapoula29

11-M


Pasou un ano. Un ano xa desde aquel amencer no que de repente, quebrouse a vida, incapaz de soportar a dimensión dunha barbarie tan desusada. As bombas do 11-M leváronse consigo os sonos de 191 persoas.

Un ano despois a normalidade volve ás estacións. Na estación do Pozo ou a de Atocha poucas cousas permiten recordar a traxedia que se produciu hai agora un ano. Na estación de Santa Eugenia hai unha placa na que se le : “Plantamos vida polas vosas vidas”, 11 de Marzo de 2004.

O 11-M houbo moita morte e dor, moita traxedia persoal, moitas vidas rotas. Pero aínda que a ferida segue aberta, as vidas recompóñense e chegan, tamén, os novos proxectos profesionais e persoais para algunhas familias, a luz ao final do túnel.

En teoría, Madrid non estaba preparada para unha catástrofe coma a do 11-M; na práctica, a dedicación, con frecuencia heroica, de miles e miles de profesionais da sanidade e dos servicios de emerxencia fixo posible unha boa atención ás víctimas. Da traxedia sacáronse importantes leccións para o futuro.

Foi o peor atentado da historia de Europa: 191 mortos e máis de 2000 feridos. O trauma causado polos salvaxes atentados do 11-M segue aberto un ano despois.

O 11-M e os días posteriores viviuse unha mobilización sen precedentes que puxo a proba, cun resultado espectacular, o funcionamento dos servicios de emerxencia e a solidariedade cidadá.




Cecilia Conde 3º E.S.O.



mapoula30


mapoula31


mapoula32


mapoula33


mapoula34


mapoula35


mapoula36


mapoula37



mapoula38


mapoula39


mapoula40


mapoula41


mapoula42


mapoula43


mapoula44


mapoula45



mapoula46


mapoula47


mapoula48


mapoula49


mapoula50


mapoula51


mapoula52


mapoula53