mapoula01



mapoula02

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2005

mapoula03

mapoula04

ste ano 2005 adícaselle o Día das Letras Galegas a XESÚS LORENZO VARELA VÁZQUEZ, autor que viviu nun permanente exilio, entre Hispanoamérica e España (Galicia).



1.- O primeiro exilio



Os pais de Xesús Lorenzo Varela Vázquez emigraron da súa vila de Monterroso (Lugo) cara á Habana (Cuba) como facían moitos galegos vítimas da fama. Nace entrando na baía do porto da Habana a nave “La Navarre” o 10 de agosto de 1916, pero como Cuba está a pasar unha crise económica, a familia retorna aos tres meses de estancia. En Monterroso viviu os seus sete primeiros anos, e como bo galego o pai de Lorenzo insiste coa emigración, esta vez a Bos Aires (Arxentina) no ano 1923.


O rapaz pasa a súa infancia en Bos Aires e a finais de 1930 retorna novamente a Lugo, a onde chega co acento porteño, feito que lle fai gañar o alcume de Arxentino. En 1931 cursa o Bacharelato no Instituto de Ensino Secundario.


Comeza a ter a súa primeira actividade política participando en tertulias literarias. Nun acto do Partido Galeguista en 1932 no Teatro Principal de Lugo, coñece a Castelao, achegándose ao nacionalismo e participando con Fernández del Riego, Celso Emilio Ferreiro, Carvalho Calero e Ramón Piñeiro na Federación de Mocidades Galeguistas, fundada o 11 de xaneiro de 1933.


Os mozos galeguistas van máis alá que os seus maiores, a Lorenzo Varela gustábanlle as ideas do galeguismo, pero cría que no social se debía ir máis lonxe. Produto das súas convicións xa en 1934 participa nos sucesos revolucionarios e é perseguido pola policía funxindo a Madrid. Sucesos coma este perseguirano como un sinmo ata a súa morte.



2.- A guerra civil



A penas chegado a Madrid amosa a súa precocidade participando nos círculos culturais, intelectuais e literarios, e tamén os estudios na Facultade de Filosoía e Letras, ingresa coma colaborador no xornal liberal republicano El Sol, participa nas Misións Pedagóxicas e incorpórase á revista PAN (Poetas Andantes e Navegantes), comparte debates nos cafés de tradicións republicana cos artistas novos, é cofundador de El Mono Azul, miliciando do “V Regimiento” e colabora en moitas publicacións a favor da República.


É un dos fundadores da Alianza de Intelectuais Antifascistas para a defensa da cultura, e no 36 séntese obrigado a enrolarse no exército e loitar pola República, polo que, con tan só 21 anos ocupa o posto de máxima responsabilidade política dunha división do Exérico Popular.


Durante a guerra percorre os fronte xunto con Alberti, Miguel Hernández e Altolaguirre, dando folgos aos soldados co seu espírito revolucionario e as súas publicacións xornalísticas. No 37 forma parte do Segundo Congreso Internacional de Intelectuais Antifascistas, no que escritores de todo o mundo se solidarizan coas tropas legais da República.



3.- O segundo exilio: México



Sendo derrotado o exército da República, dende Figueres é levado ao campo de concentración francés de Argelès/Saint-Cyprien (onde morre Antonio Machado) o día 10 de febreiro de 1939.


É liberado por intelectuais e artistas franceses e marcha novamente, esta vez a México, embarcando o 23 de maio de 1939 no vapor francés Sinaia. No porto de Veracruz os case 1800 exiliados son recibidos por 20.000 persoas, entre elas os seus amigos León Felipe, José Bergamín, Miguel Prieto e outros.


Alí tamén leva unha activa vida intelectual: incorpórase ao consello de redacción de Taller, dirixida por Octavio Paz e en 1940 é cofundador da revista cultural Romance,da que é destituído ao pouco tempo, polo que opta de novo por marchar, chegando a Bos Aires no ano 1941.


4.- O terceiro exilio: Bos Aires



Nesta cidade reencóntrase co seu pai e con amigos intelectuais galegos como Luís Seoane, Rafael Dieste e Carme Muñoz, e Arturo Cuadrado, aos que se sumarán Blanco Amor, Colmeiro, Antonio Baltar, Otero Espasandín e outros. Esta etapa vai ser a máis fructífera para a súa producción literaria, pero non se dará a coñecer en España, quizais pola censura

mapoula05

mapoula06

mapoula07

mapoula08

mapoula09

mapoula10

mapoula11

mapoula12

mapoula13

mapoula14

mapoula15

mapoula16

mapoula17

mapoula18

mapoula19

mapoula20

mapoula21

mapoula22

mapoula23

mapoula24

mapoula25

mapoula26

mapoula27

mapoula28

mapoula29

mapoula30

mapoula31

mapoula32

mapoula33

mapoula34

mapoula35

mapoula36

mapoula37

mapoula38

mapoula39

mapoula40

mapoula41

mapoula42

mapoula43

mapoula44

mapoula45

mapoula46

mapoula47

mapoula48

mapoula49

mapoula50

mapoula51

mapoula52

mapoula53