Como fixo en México, codirixe e funda a revista De mar a mar, desaparecida durante a primeira presidencia de Perón, publicando nela Duelo en tres cantos por la muerte de Miguel Hernández e sete poemas que Luís Seoane incluiría postumamente en Homaxes.


En 1942 publica Torres de amor, en 1944 Catro poemas para catro gravados, a súa primeira obra poética, que foi coñecida tamén como María Pita e tres retratos medievais, formando parte dunha obra de ilustracicións de Seoane.


No tema da arte plástica, pola que sente paixón, publica en 1945 El Renacimiento, e en 1946 Murillo, mantendo contacto con numerosos artistas. No xornal La Razón é crítico de arte varios anos, pasando despois a El Mundo, e colabora nas máis importantes publicacións arxentinas como nos xornais Clarín, La Nación e diversas revistas.

mapoula01

mapoula02

mapoula03

mapoula04

mapoula05

mapoula06

mapoula07

mapoula08

mapoula09

mapoula10

mapoula11

mapoula12

É fundador e director do exitoso programa radiofónico Hora once. En 1943 publica o seu poema Cita con música do compositor arxentino Carlos Guastavino, e nese mesmo ano fai a antoloxía Actualidad de la obra crítica de Beaudelaire, baseada na súa tradución dos ensaios beaudelerianos sobre a arte.


En 1954 publica o seu estudo Seoane e o libro de poesía Lonxe, considerado por algúns o de maior calidade literaria coa temática da guerra civil e o exilio. É a súa unha poesía de denuncia ao estilo do que será C.E. Ferreiro, na que non faltan os temas sociais, do pobo, revolucionarios, das guerrillas galegas, dos maquis dos anos 40, da revolución irmandiña do século XV, do asoballamento do traballador galego, e da propia emigración galega.


Adivíñanse na súa obra os tres piares da súa paixón: a súa lealdade á República española e o profundo amor por Galicia, combinándose con poemas adicados a artistas e á arte en xeral. Na súa obra a muller é obxecto de admiraciónm e tenrura, nun mesmo plano que o home, concordando coa súa ideoloxía esquerdista.


É membro do Partido Comunista Español e tamén no arxentino, feito polo que é censurado polos Estados Unidos, xa que tendo un contrato cunha universidade dese país denéganlle a entrada.

mapoula13

mapoula14

mapoula15

mapoula16

mapoula17

mapoula18

mapoula19

mapoula20

mapoula21

mapoula22

mapoula23

mapoula24

mapoula25



5.- O derradeiro exilio: Madrid



De novo tenm que exiliarse porque en Arxentina a ultradereita mata a moitos escritores de esquerdas, amigos seus, e el foxe pola fronteira de Brasil, estando alí unha tempada, para voltar a Madrid en maio do ano 1976.


Descoñecido aquí, fai traduccións e colaboracións xornalísticas e sobrevive grazas a algúns amigos dos vellos tempos, como Isaac Díazx Pardo ou Ramón de Valenzuela.

mapoula26

mapoula27

mapoula28

mapoula29

mapoula30

mapoula31

mapoula32

mapoula33

mapoula34

mapoula35

mapoula36

Posiblemente o illamento e a non concreción dos seus proxectos o foron conducindo a unha resignación que, segundo algúns amigos, o levou a unha morte case buscada, xa que en novembro de 1978 esvaece na rúa e morre na ambulancia, camiño do hospital, pobre como moitos xenios.


En abril de 1979 fáiselle unha homenaxe e en anos posteriores edítase a súa obra, polo que vai sendo cada vez máis coñecido polo publico. Finalmente a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas 2005.


Texto realizado por :Paula Bujía, Jacobo López, Alejandro Ruíz e Gaspar Vázquez

(Alumnos de 3º de Diversificación)

mapoula37

mapoula38

mapoula39

mapoula40

mapoula41

mapoula42

mapoula43

mapoula44

mapoula45




mapoula46


mapoula47


mapoula48


mapoula49


mapoula50


mapoula51


mapoula52


mapoula53