mapoula01



mapoula02


¿QUE É SER “FRIQUI”? COMPROBA O TEU NIVEL


O termo “FRIQUI” provén do inglés “freak” (monstro) e utilizábase para denominar ó rapaz rariño da clase xa polos seus gustos ou pola súa maneira de pensar. Estes rapaces nunca atopaban o seu lugar entre os demais e por iso fuxían ós seus mundos de fantasía onde tiñan verdadeiras aventuras.

Hoxe en día utilízase o termo para todo tipo de xente que ten unha afección ou obsesión sobre diferentes campos. Tamén se utiliza no contexto televisivo para nomear ós falsos famosos que tan de moda están últimamente. Pero nós remontaremos ó seu antigo significado e comprobaremos se tes gustos “friquis” ou canto sabes deles.

Se queres saber o teu grao ou coeficiente “friqui”, responde ás preguntas que facemos a acontinuación e comproba as túas respostas na táboa de resultados:



1.- ¿Como se chamaba o cadelo que compartía as aventuras do gran Inspector Gadchet?

A.- Sultán

B.- Milú

C.- Rafiki


2.- ¿Que animal era o fiel compañeiro de Marco na busca da súa querida nai?

A.- Can

B.- Mono

C.- Coello


3.- ¿Cal é a cor do antefaz da famosa tartaruga “ninja” que ten por nome Donatello?

A.- Azul

B.- Vermella

C.- Violeta


4.- ¿Como se chamaba o malvado vilán de cor rosa na serie “Dragón Ball”?

A.- Célula

B.- Vegeta

C.- Bu


5.- En “O retorno do Jedi”¿Cal era a personaxe que adoraban os diminutos seres chamados Ewoks?

A.- C3PO

B.- R2D2

C.- Luck Skywalker


6.- ¿Cal destes tres elfos é o máis vello de toda a Terra Media?

A.- Elrond

B.- Galadriel

C.- Celebom


7.- ¿De que raza era o cabalo que montaba Xena, a princesa guerreira, na primeira tempada?

A.- Nórdico

B.- Árabe

C.- Pigmeo


8.- ¿Cantos ragmentos do Cristal había na película do “Cristal Escuro”?

A.- Un

B.- Dous

C.- Moitos


9.- ¿De entre estas técnicas, cal non é utilizada polo famoso “ninja” que protagoniza a serie “Naruto”?

A.- Kage Bunshin

B.- Chidori

C.- Rasengan


10.- ¿Cal é o nome do famoso elfo drow portador de dúas cimitarras máxicas en “Tódolos Reinos Olvidados”?

A.- Artemis Entreri

B.- Drizzt Do Urden

C.- Elminster

mapoula03

mapoula04

mapoula05

mapoula06

mapoula07

mapoula08

mapoula09

mapoula10

mapoula11

mapoula12

mapoula13

mapoula14

mapoula15

mapoula16

mapoula17

mapoula18

mapoula19

mapoula20

mapoula21

mapoula22

mapoula23

mapoula24

mapoula25

mapoula26

mapoula27

mapoula28

mapoula29

mapoula30

mapoula31

mapoula32

mapoula33

mapoula34

mapoula35

mapoula36

mapoula37

mapoula38

mapoula39

mapoula40

mapoula41

mapoula42

mapoula43

mapoula44

mapoula45

mapoula46

mapoula47

mapoula48

mapoula49

mapoula50

mapoula51

mapoula52

mapoula53

mapoula54



mapoula55