BIOGRAFÍA



Naceu en A Coruña (12-10-1954) e, xa de moi novo sentiu inquedanza polo mundo da música, de feito, todo comezou ós nove anos cando lle mercaron a súa primeira guitarra, coa que recibiría clases do profesor Varela. Ós quince anos viaxa a Inglaterra onde residirá por espazo de catro anos vivindo da súa música, cun especial interese en tratar de que a súa música fose escoitada polos emigrantes, tocando deste xeito no Clube Español de Londres. Esta preocupación levaríao anos despois a tocar nos Centros Galegos de Caracas e México.


Ós dezanove anos volta a Galicia e centra os seus esforzos en seguir a loitar pola música que el mesmo compón e a tentar a gravación dun novo disco, esforzo este último que se fará realidade coa publicación do que sería o seu primeiro LP “Anxo Vigo”. Con este traballo a súa carreira recibe un pulo importante e son abondosas as actuacións que lle seguirán por toda a comunidade galega así como no resto da xeografía española, tocando en festivais como o de Bergantiños, A Nosa Señora da Xunqueira, Festival da Canción Galega de A Coruña, teatro Rosalía de Castro, e un longo etcétera xunto con incontables aparicións na TVG.


Anos despois publica “Hasta hoy” co que acadaría unha boa aceptación cegando a vender preto de 30.000 copias.


A pesar de todo o conseguido segue á procura do que dende sempre foi o seu maior afán que é facer un disco integramente cantado en galego, algo polo que segue a traballar, e que en definitiva se converte no próximo reto deste solista con moitos anos de percorrido no mundo da música.


mapoula01

mapoula02

mapoula03

mapoula04

mapoula05

mapoula06

mapoula07

mapoula08

mapoula09

mapoula10

mapoula11

mapoula12

mapoula13

mapoula14

mapoula15

mapoula16

mapoula17

mapoula18

mapoula19

mapoula20

mapoula21

mapoula22



mapoula23

mapoula24

mapoula25

mapoula26

mapoula27

mapoula28

mapoula29

mapoula30

mapoula31

mapoula32

mapoula33

mapoula34

mapoula35

mapoula36

mapoula37

mapoula38

mapoula39

mapoula40

mapoula41

mapoula42

mapoula43

mapoula44

mapoula45

mapoula46

mapoula47

mapoula48

mapoula49

mapoula50

mapoula51

mapoula52

mapoula53