mapoula01

EMIGRAR PARA TRIUNFAR”


-ANXO VIGO:OUTRO ÉXITO FÓRA DE GALICIA-





¿COMO FORON OS TEUS COMEZOS?

Logo de estudar catro anos de música e dous anos de harmonía, comecei a compoñer algúns temas a nivel persoal, por aquel entón a Xunta de Galicia tiña unhas subvencións para xente que quixese gravar temas en galego, chamábanas “bolsas para cantatautores”. Logo de solicitalas durante varios anos e virme sempre denegadas, xurdiu na miña vida a oportunidade de actuar nun programa da TVG, no programa “Sempre en domingo”(magazine), aí tiven a oportunidade de interpretar varias das miñas composicións en galego. O día da miña actuación tiven a sorte de coñecer, no hotel “Bahía de Vigo”, ó productor dunha discográfica, o productor vira a miña actuación na TVG. Posteriormente chamáronme para ofrecerme editar un disco.


¿POR QUE O DISCO NON ESTÁ EN GALEGO?

Porque o productor era de Madrid e propúxeme facer a gravación en castelán.


¿GUSTARÍACHE SACAR UN DISCO EN GALEGO?

Si, por suposto que me gustaría. As miñas composicións son pensadas para cantar en galego, pero esta oportunidade nunca a tiven na miña terra. Esta oportunidade chegoume dunha persoa de fóra de Galicia para me propór o que xa teño feito agora.


¿NA ACTUALIDADE SEGUE VIVINDO DA MÚSICA?

Non, na actualidade isto é un coto privado (pechado) só a uns cantos privilexiados.

¿A QUE TE ADICAS NA ACTUALIDADE?

Son comercial dunha multinacional.


ADEMAIS DE ACTUAR EN GALICIA E ESPAÑA, ¿EN QUE OUTROS LUGARES ACTUACHES?

Pois... tamén actuei en Londres e Venezuela.


¿QUE RECORDOS TES DA TÚA ÉPOCA DOURADA?

Os mellores foron cando actuando nos centros galegos dos países ós que fun, deixaba ó grupo a un lado e interpretaba as miñas composicións en galego, e só coa miña guitarra todos os asistentes remataban emocionados e ata chorando porque a través das miñas composicións recordaban a súa terra.


¿COMO É O MUNDO DA MÚSICA?

Con moitas trampas e cambadelas.


¿POR QUE?

Porque hoxe en día moitas veces o que menos importa, quizais, é como cantes e só dependes case en exclusiva do márketing que te rodea.


¿COMO VES A MÚSICA GALEGA ACTUAL?

Creo que hoxe en día se teñen moitas máis oportunidades. Na miña primeira etapa tiñamos como artistas principias a Andrés do Barro, Sil Ríos, Juan Pardo... Hoxe en día hai moitos máis grupos como poden ser Luar na Lubre, Cristina Pato, Carlos Núñez, entre outros.


¿QUE CONSELLO LLES DARÍAS ÓS MOZOS GALEGOS QUE SE QUEREN INICIAR NESTE “MUNDILLO”?

Sobre todo constancia, que non se desanimen nunca e que fagan a música que realmente lles guste. E por suposto estar ben influenciados nos medios e con xente profesional ó seu carón que realmente queira apostar por eles.


¿CALES ERAN OS TEUS ÍDOLOS DE XUVENTUDE?

Os daquela época: Sil Ríos, Juan Pardo e sobre todo Amancio Prada.


ADEMAIS DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA, ¿QUE OUTROS XÉNEROS MUSICAIS CHE GUSTAN?

En máis grande medida a música clásica e o jazz, especialmente o fantático Louis Amstrong.

¿CANDO SACARÁS UN NOVO DISCO?

Teño a proposta da miña casa discográfica para sacar o terceiro traballo dende hai dous anos, pero négome rotundamente se non é en galego, e a miña compañía discográfica non está polo labor posto que os dous anteriores traballos meus foron editados a nivel nacional. Ademais a discográfica é en Madrid.



mapoula02

mapoula03

mapoula04

mapoula05

mapoula06

mapoula07

mapoula08

mapoula09

mapoula10

mapoula11

mapoula12

mapoula13

mapoula14

mapoula15

mapoula16

mapoula17

mapoula18

mapoula19

mapoula20

mapoula21

mapoula22

mapoula23

mapoula24

mapoula25

mapoula26

mapoula27

mapoula28

mapoula29

mapoula30

mapoula31

mapoula32

mapoula33

mapoula34

mapoula35

mapoula36

mapoula37

mapoula38

mapoula39

mapoula40

mapoula41

mapoula42

mapoula43

mapoula44

mapoula45

mapoula46

mapoula47

mapoula48

mapoula49

mapoula50

mapoula51

mapoula52

mapoula53