![]() ![]() ![]() |
Seccións Bilingües. IES Adormideras
|
||||||||||||||||||||||||||||||
|
Na
sociedade actual,
que é cada vez máis internacional, o
uso correcto dunha lingua estranxeira permite ter unha distinta
visión do mundo, favorecendo o interese por outras culturas
e
formas de ver a realidade, sempre máis tolerante e
solidaria. Por este motivo, no IES Adormideras hai xa uns anos, estimamos necesaria a creación de Seccións Bilingües para preparar ao noso alumnado cun nivel de lingua estranxeira acorde cunha sociedade cada vez máis cosmopolita, plurilingüe e aberta culturalmente. |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||
| Principiamos cunha Sección Europea (ese era o nome que recibían naquel momento) en lingua inglesa posto que considerabamos que era a lingua con maior proxección a nivel internacional e que o inglés se tiña convertido nunha lingua imprescindible na sociedade globalizada. Co tempo fomos profundizando nesa idea e actualmente, contamos con catro Seccións Bilingües, unha en cada curso da ESO. Dúas corresponden á materia de Ciencias da Natureza (1º ESO e 2º ESO), unha é de Física e Química e a última de Informática. | |||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Con estas iniciativas o Instituto Adormideras quere reforzar no seu alumnado a aprendizaxe do inglés como vehículo de comunicación. Pretendemos que o inglés non se vexa só como unha asignatura illada, senón que se sinta como unha lingua de aprendizaxe. Unha lingua sempre se domina mellor se se emprega para aprender, neste caso o dominio da lingua inglesa será mellor se se utiliza para aprender contidos que non sexan específicos da asignatura de inglés. | ||||||||||||||||||||||||||||||
Como
apoio para as clases utilízase o sitio web da ensinanza do
inglés como segunda lingua (ESL) orixinalmante creado para a Larkin
High
School de Elgin (Illinois). Podes acceder a este website
pinchando no botón "Materiais Didácticos". Co tempo iranse
engadindo outras
actividades adaptadas para este centro.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
IES
Adormideras Juan Sebastián Elcano, 24. 15002 A Coruña Tlfno 981-220-512. Fax 981-222-939 Actualizada 11/2008 |
||||||||||||||||||||||||||||||