cruceiros

1. Descripción das características do cruceiro.

       Este cruceiro está formado polos seguintes elementos:


1.1.            Plataforma: con forma octogonal e formado por catro gradas ou escadas.

1.2.            Pedestal: con forma cadrangular.

1.3.            Varal, esteo ou fuste: con forma poligonal, octogonal.

1.4.            Capitel: con tres molduras. Unha na base do capitel e dúas  na parte  superior. O capitel ten forma cuadrangular.

1.5.            A cruz:  No anverso hai unha imaxe de Cristo crucificado con tres cravos, na súa cabeza ten unha coroa de espiñas,  a súa cara é de dor.  No reverso da cruz aparece a imaxe da Virxe María en actitude penitente.

   


2. Curiosidades do cruceiro:

Este cruceiro foi construido no século XII.

Detrás do cruceiro de Pastoriza encontramos un  altar para as misas e antigamente celebrábase a eucaristía do Domingo de Ramos. É tamén lugar de importancia nas romerías e festas .

   Eu, para me documentar, estiven falando co cura párroco de Pastoriza. El contoume que os paisanos cando pasan por diante deste cruceiro fan unha reverencia. Antes de entrar na igrexa, os que acompañan a un difunto pousan o cadaleito e rezan unha oración. Antigamente diante deste cruceiro, facianse rogativas a deus para que chovera cando pasaban por unha sequía.

emprazamento

foto 1

foto 2

gráfico