1. Descripción do cruceiro:

O cruceiro data do ano 1972 e está formado polas seguintes partes :


1.1. O cruceiro está levantado sobre unha plataforma de forma cadrangular composta por dúas gradas ou escadas.

1.2 Sobre esta plataforma  sitúase o pedestal de forma cadrangular. Este ten catro caras, na cara  frontal  aparece un debuxo que é un sombreiro de obispo   denominado mitra, un báculo -ou bastón de mando do obispo- e unha cruz de doble brazo; todos estes relieves son alusións simbólicas ao obispo San Nicolás.  Nunha das caras laterais do pedestal aparece unha inscripción do ano no que foi construido, 1972.


1.3. O fuste no seu primeiro tramo arranca cunha basa de sección cadrangular para pasar a rematar cun  varal de forma  octogonal. Adosada ao fuste hai unha escultura que identificamos como San Nicolás e aos seus pés aparece a igrexa fundada por el.

Na terminación do fuste encontramonos o collarino que o envolve.


1.4. O capitel ten forma de tronco piramidal invertido. Está decorado con formas geométricas, con volutas, e con formas antropomórficas. O capitel remata cun ábaco que serve para a propia cruz.


1.5. A cruz móstranos no seu anverso a imaxe de Cristo crucificado, con coroa,  coas     pernas dobladas, coa cabeza caída, e con tres cravos. No reverso encontrase a imaxe da virxen en actitud de penitente. Os brazos da cruz rematan con molduras máiis anchas.



2. Curiosidades:

Este  cruceiro está situado na cidade de A Coruña preto da igrexa de San Nicolás. Na actualidade forma parte dun conxunto urbanístico, está situado nunha praza.

emprazamento

foto 2

foto 1

  foto 3

foto 4

gráfico

cruceiros