cruceiros

1. Descripción do cruceiro:


1.1. O cruceiro  levántase sobre unha plataforma cadrangular que consta de dúas gradas por cada un dos seus catro frentes. Esta plataforma, á súa vez, está situada sobre unha grande basa cadrangular tamén, construida con posterioridade ao traballo monumental a fin de ser integrada no conxunto urbanístico.

1.2. O pedestal presenta forma de pirámide troncal con doble moldura

1.3. O fuste ou varal  está dividido en dous corpos: o primeiro corpo é de sección cuadrada e leva unha moldura; o segundo é de sección octogonal e na súa parte final hai un "collarino".

1.4. O capitel é octogonal e aparecen figuras antropomórficas, remátase cunha moldura.

1.5. A cruz é octogonal con remates cruciformes e metálicos. No anverso móstrasenos Cristo crucificado con cabeza baixada hacia a parte dereita, expresión de dor  e tres cravos que suxeitan brazos e pernas. No reverso represéntasenos á  Virxe María en actitude de súplica.

Completando o cruceiro hai un pequeno peto de ánimas destinado a recoller limosnas e unha mesa de pedra sobre a que se colocan as imaxes dos santos nas procesións e os cadaleitos nos enterros

  Ao conxunto súmanse tamén catro pilares de  sección cadrangular, situados en cada un dos  catro ángulos da primeira grada da plataforma. Cada un destes pilares presenta inscripcións  na parte frontal e hornacinas escavadas no granito polo canteiro que representan esceas da Crucifixión: Cirineo axudando a Cristo a levar a cruz, a Verónica, etc . Por estas  últimas características este Calvario de Abegondo está próximo aos modelos bretóns.

En cada un destes pilares aparecen esculturas que representan a frades e obispos de pé en actitude orante e que nos lembran ás figuras das almiñas penitentes que acompañan aos petos de ánimas.

Recollemos os textos das inscripcións en latín:

No anverso, pilar da dereita, "multo turba pepuh el mutle tum quae plan qebanteila mentabatut se       quebatut etm"; pilar da esquerda, "perresit in coto viae locum"


2.Curiosidades:

Este cruceíro foi restaurado faí  uns dez anos porque o seu estado era ruinoso.




emprazamento

foto 1

foto 2

gráfico