cruceiros

Cruceiro 1:

1. Descripción das características do cruceiro.

Este cruceiro está constituido polos seguintes elementos:

1.1. Plataforma.

1.2. Pedestal

1.3. Fuste.

1.4. Capitel.

1.5. Cruz.

1.6. Peto de ánimas.

1.1. Este cruceiro levántase sobre unha  basa ou plataforma cadrangular con bordes redondeados .

1.2. Enriba da plataforma localizamos o pedestal , o cal posúe unha  forma cadrangular  e libre de adornos . Tanto no anverso como no reverso do pedestal non atopamos ningunha inscripción ou indicio que nos mostre o motivo da súa construcción .

1.3. Despois do pedestal levántase  o fuste ou varal  de forma octogonal; na parte superior e ó  seu  redor, encontramos un  anel  ou collarino.

1.4. O Capitel, que nos lembra a arte dórica grega: con equino trapezoidal e ábaco rectangular con dúas molduras .

1.5. Por  último, atopámonos co último elemento dun cruceiro, a cruz.  No seu reverso, no centro, posúe un círculo, e nel vai gravada a cabeza de Cristo .No seu anverso, na mesma cruz , está gravada outra cruz.

1.6. Por último, este cruceiro presenta na parte anterior un  peto de ánimas, que se atopa a cuarenta e cinco centímetros da plataforma, o seu ancho e de un metro, e o grosor da súa pedra é de máis ou menos vinte centímetros. Na actualidade o seu interior atópase valeiro. Os paisanos do lugar contáronme que antigamente había un santo, Santiago, patrón  do lugar.

        Este elemento adosado ó pedestal era moi típico do sur de Galicia, moi descoñecido polos Bretóns.


2. Curiosidades do cruceiro.

    Este cruceiro  foi levantado por diversos motivos :

a. Por estar nun cruce de camiños .

b. Por estar próximo à Igrexa .

O peto exteriormente semella unha mesa ou bancal alongada . Un paisano do lugar contoume que durante moito tempo foi empregado para poñer os cadaleitos dos defuntos antes de entrar na igrexa,  para que así fose a súa alma limpa ó ceo.

emprazamento

foto 1

foto 2

gráfico 1

gráfico 2