cruceiros

CRUCEIRO 2:


1. Descripción das características do cruceiro.

O cruceiro está constituido por una serie de elementos que son os seguintes:

1.1. Plataforma.

1.2. Pedestal.

1.3. Fuste.

1.4. Capitel.

1.5.Cruz.


1.1. Este cruceiro levántase sobre zócalo situado nuha posición máis elevada que o nivel da terra, sobre el levántase  a plataforma cunha grada .           

1.2. Sobre a plataforma levántase o pedestal, que ten unha forma cadrangular, cun corte en diagonal e ángulos frontais rebaixados.

1.3. O fuste  é prismático de sección cadrada nos extremos,  e de sección octogonal  no resto do fuste como resultado de biselar ou rebaixar o pilar.

1.4. O Capitel  lémbranos a arte dórica grega : con forma semicircular (equino ) e con forma rectangular ( ábaco), tamén leva moldura recta.

1.5. A Cruz : Esta é totalmente sinxela, xa que non posúe ningún tipo de inscripción nin motivo decorativo, nin ningún Cristo .



2. Curiosidades:


Este cruceiro  foi contruído nese lugar debido  a un asasinato  realizado por un home , enfermo mental, contra a súa muller .

A muller según os comentarios dos viciños do lugar, foi asasinada  con moita brutalidade, polos celos  e a desconfianza que sentía o home pola súa muller. O home levou a cabo este feito utilizando un coitelo co que lle propinou numerosas coiteladas ó longo de todo o corpo .

Despois do asasinato da muller, os seus familiares mandaron levanta-lo cruceiro no lugar do crime en recordo da súa memoria.

emprazamento

foto 1

foto 2

gráfico