cruceiros

1. Descripción das características do cruceiro.

Este cruceiro está construido en pedra e está formado polos seguintes elementos:

  1.1. Plataforma: con forma cadrangular, sen gradas.

  1.2. Pedestal: con forma cúbica.

  1.3.Varal, esteo ou fuste: con forma rectangular con escisións lonxitudinais ao longo dos catro lados. No reverso hai unha escultura adosada que representa a Santiago peregrino cos símbolos de: un sombreiro, un bastón e un zurrón.

  1.4. Capitel: presenta detalles decorativos vexetais, que nos recordan ás follas de acanto gregas,  e antropomórficos. Finaliza con cornisa.

  1.5. A Cruz na unión dos dous brazos ten forma circular.

No anverso está Cristo crucificado con tres cravos; a súa cabeza está mirando ao frente con expresión de dor, as súas pernas están dobradas.

No reverso está a Virxe coas máns cruzadas sobre o seu ventre; a súa vestimenta é rica en formas.  Aos pés da Virxe atopámonos unha media lúa; isto fainos argumentar de dúas posibeis maneiras:

a) Lembranza da Inmaculada de Murillo no ámbito celestial coa lúa aos seus pés.

b) A antítese entre Occidente, representado por Santiago peregrín, e Oriente coa representación da lúa do Islam. Neste caso poderíamos interpretalo como unha simboloxía de sacralización dun lugar de paso, orixinariamente cruce de camiños.




2. Curiosidades:

Este cruceiro na actualidade está na finca dunha casa privada. Os  donos puxérono no seu xardín porque lles gosta ter cousas antigas na finca. Contáronme que o cruceiro foi traído de Ourense.

Orixinariamente debía de estar situado no camiño de Santiago para orientar aos peregríns.

emprazamento

foto 1

  foto 2

gráfico 1

gráfico 2