UN GRAFITI NO PATIO

Xa está rematado o mural do instituto. Podédelo contemplar na zona do patio.

Foi realizado por Christian Diamante, ex-alumno do Centro e actualmente esdudante de Belas Artes na Universidade de Pontevedra.

Como se pode observar, é un mural realmente integrado no contexto, con tódolos elementos significativos do barrio e do centro de estudios. Destaca a luminosidade das diferentes cores amarelas e as distintas tonalidades de azul.
Desde aquí dámoslle as grazas por colaborar connosco neste proxecto de embelecemento do Instituto.