ESPACIOS NATURAIS PROPOSTOS PARA A SUA DECLARACION DE INTERESE COMUNITARIO, E AMENAZA A OUTROS SETE.

Según Ecoloxistas en Acción a marea negra chegou xa a oito espacios naturais que están propostos pola Xunta de Galicia eo Ministerio de Medio Ambiente como Lugares de Importancia Comunitaria (LICs), formando parte da rede Natura 2000, dacordo coa Directiva Hábitats. En concreto,os espacios naturais protexidos que xa se están vendo afectados son:

Betanzos-Mandeo: Ría de Betanzos, que conta cunha marisma de gran interése,e que se prolonga polo río Mandeo, que é un río salmoneiro. Carnota-Monte Pindo: Gran barra areosa de 8 kilómetros de lonxitude, que conta cunha laguna interior e marisma. Complexo Húmido de Corrubedo: Tramo de costa con dunas fixas móviles, e marismas costeiras.

Costa Artabra: Tramo de costa acantilada, que conta tamén cunhas pequenas praias e marismas. Costa da Morte: Costa acantilada que conta coa presencia dalgunas praias. Alberga grandes valores paisaxísticos, botánicos e faunísticos.
Tratase do único sitio, onde nidifica no noso país o Arao común, unha especie de ave mariña en peligro de extinción especialmente sensible as mareas negras.

Costa de Dexo: Tramo costeiro acantilado de gran valor paisaxístico, que conta con importantes colonias de aves mariñas nidificantes. Estaca de Bares: Costa acantilada de gran valor paisaxístico, trátase dunha das zonas costeiras donde máis se acercan as aves mariñas desde o mar nas épocas de paso migratorio.

Esta información esta tomada de La Voz de Galicia y de la página web da Costa da Morte

Por Lorena Prego Gonzalez