Abrimos estas páxinas web coa finalidade de darnos a
coñecer, de abri-lo noso centro a outras persoas ou colectivos
e así enriquecernos mutuamente.
Somos un centro relativamente xoven que foi creado, ó mesmo tempo que o noso barrio no ano 1977.
Procuramos compaxinar a tradición e a innovación, respectando os aspectos positivos da bagaxe cultural do noso pobo, pero tamén estamos abertos a novas ideas, e novos proxectos.
Miramos ó futuro con ilusión, traballando na educación de valores humanos e nunha formación integral do noso alumnado.