María Barbeito e Cerviño

O noso centro leva o nome da escritora, socióloga e pedagoga galega María Barbeito e Cerviño.

María Barbeito naceu na Coruña o 2 de marzo de 1880 e faleceu na nosa cidade o 20 de novembro de 1970.

A súa influencia no desenvolvemento da escola galega do seu tempo foi moi importante.

Perfeccionou o ensino primario, impartiu a escola activa, dando paso ós métodos máis modernos (Montessori, Decroly, ...)

Fixo o mesmo co ensino da música, coa ximnasia rítmica, e coas técnicas artesanais na escola primaria.

Escribiu a favor da presencia viva da lingua galega na escola, promoveu a coeducación de ambos sexos.

Puxo en marcha institucións como comedores, roupeiros e colonias escolares.

Foi unha defensora da escola pública "escola de todos" fronte á escola clasista.

Dirixiu o Grupo Escolar da Guarda da Coruña, e foi un dos dez primeiros inspectores mestres que se crearon en España a 1936. Pertenceu ó Instituto de Estudios Galegos, á Real Academia Galega, e obtivo diversos premios literiarios e distincións de tódalas clases

Como resume da súa personalidade diremos que foi unha muller intelixente cunha personalidade aberta, moderna, dotada dun agudo sentido do social, dunha gran paixón educadora e espíritu de servicio ó seu pobo, xunto cunha profunda comprensión e estimación do ser humano, das súas necesidades e os seus dereitos, adicando especial atención á infancia necesitada e á emancipación social, cultural e profesional da muller.

O noso centro está orgulloso de levar o nome desta gran mestra e pedagoga, e constitue un modelo a seguir para tódolos que nos adicamos á educación dos nenos/as.



Atrás   Inicio