Actividades

Poderiamos resumilas en tres apartados:

a) Actividades propiamente lectoras.

b) Actividades pedagóxicas relacionadas co currículo.

c) Actividades de difusión tanto das actividades realizadas dentro da escola como as que se realizan no exterior acercándoas ó alumnado e profesorado, proporcionando o maior nivel de información.

Para a realización de todas estas actividades é preciso que os alumnos aprendan a traballar con documentos tanto no espacio concreto da biblioteca escolar como na propia clase.

Actividades propostas

Educación Infantil:

Dase neste ciclo o primeiro contacto co libro. Deberán pois manipula-lo libro, tocalo, miralo, levalo a casa, traer libros da casa e sobre todo que lles lean moitos contos. Establécese así a relación entre o alumno e o libro.

Ademáis deben visita-la biblioteca, onde ven libros ordenados dunha maneira especial e onde unha vez manipulado-los libros, deben colocalos no seu sitio. Con esto intentase fomenta-lo respecto ó libro.

1º Ciclo de E. Primaria:

Neste ciclo iniciase o primeiro contacto coa biblioteca tanto para a utilización colectiva de libros e documentos como individual.

2º Ciclo de E. Primaria:

Ademáis das actividades anteriores engadiremos:

3º Ciclo de E. Primaria:

Ademais das actividades anteriores:

Actividades de animación lectora.

Serán o eixe principal de todo o proceso lector en tódalas idades.

Actividades complementarias.

Animación á lectura.- Ademáis das realizadas polo propio profesor/a, procurarase a visita dalgún autor, ou grupo de animación con motivo de datas sinaladas (Día do Libro, da Árbore, das Letras Galegas)

A lectura de ocio realizarase no horario establecido. O profesorado, dentro da súa programación de aula organizará actividades relacionadas coas distintas materias que imparte (sobre a auga, lúa, animais, ...)



Atrás   Inicio