A biblioteca do C.E.I.P. María Barbeito está instalada na pranta baixa do edificio de Servicios Comúns.
O acceso a ela é doado. Está situada nun espacio amplo, soleado, ben decorado e acolledor.
Ten unha capacidade para 75 persoas. Ademáis da lectura en sala, de préstamo ... emprégase como "aula cultural", nela fanse as reunións de pais, exposicións de traballos, exposición de pintura, manualidades, ... Está atendida por un profesor/a, contando coa colaboración do equipo directivo, ou outro compañeiro que axudan sobre todo na catalogación, forrado, colocación, e na biblioteca de préstamo.
Cada profesor/a-titor/a ou profesor/a de lingua (galega/castelá) dispón dunha hora de biblioteca semanal a partir de 2º de primaria.
Para os alumnos de Educación Infantil, funciona a biblioteca do pabellón de Ed. Infantil, con instalacións e libros adecuadospara estos primeiros ano, así mesmo funciona na súa aula un rincón para a lectura con libros do propio ciclo ou con fondos da biblioteca que teñen en prestamo nas aulas. No próximo curso empezará a funcionar a biblioteca de Educación Infantil preto das súas propias aulas.
Ademáis dos servicion de biblioteca. (lectura en sala, préstamo, investigación) algúns profesores onganizan na clase unha biblioteca de aula con fondos dos propios alumnos/as ou préstamo da biblioteca do centro.
O número de libros é de 7500.