A nosa mascota "BELA"

Estoute a ver.

Non son a pomba da paz, ¿sabes quen son?

Xa sabes quen non son.

¿Sabes xa quen son?

Si, son eu. O meu nome é Bela, son unha gaivota e ademáis a mascota da biblioteca.

Onde nacín os mariñeiros contaban historias alucinates.

Un día perdinme dos meus pais e aparecín na praia do Portiño.

 

Pero un bo día, Antonio, o conserxe do noso colexio, recolleume, alimentoume e doume cobixo.

Así descubrín a biblioteca, onde había moitas historias como as dos mariñeiros.

E tamén encontrei ós nenos e ás nenas, facendo moitos amigos e amigas.

Agora vivo na biblioteca.

Vémonos alí.

 

Deseño de Bela pola alumna: Lara Domínguez Pereda.

Autora do conto de Bela: Rocio Romar Roel (profesora).



Atrás   Inicio