Sensibilización
e motivación do alumnado.
Obxectivo Xeral
Potenciar a funcionalidade dunha biblioteca escolar a dous
niveis:
- A animación á lectura.
- A investigación educativa.
Obxectivos Específicos
- Dende o punto de vista do alumnado:
- Entende-la biblioteca como espacio cultural e de descubrimento.
- Identifica-los libros de lectura e consulta coma un instrumento
fundamental na súa aprendizaxe, máis ala dos libros
de texto.
- Crear un espacio agradable e de uso doado.
- Animar á lectura e ó labor creativo literario
a través dunha mascota coma elemento motivador.
- Dende o punto de vista do profesorado:
- Implicar a tódolos profesores na animación
lectora.
- Dar a coñecer a posibilidade dos fondos bibliográficos.
- Propoñer actividades interdisciplinare e transversais
tendo coma punto de partida a capacidade lectora e creativa dos
alumnos.
Desenvolvemento da actividade
- Retómase a idea de había uns anos de ter unha
gaivota como mascota da biblioteca por elección do alumnado
e debido á afluencia destas aves ó patio do colexio.
- Motivación inicial: Trata de aproximar gradualmente
a mascota ós nenos a través do descubrimento. Para
iso lévase a cabo unha campaña para crear expectación
a base de ir dando pistas mediante unha serie de carteis de cores
situados nas aulas e nos corredores. Nun momento dado implícase
directamente ós nenos pedindolles a súa opinión.
- Contextualización da gaivota a través dunha
historia que a vincule ó colexio onde interveñen
personaxes reais e ficticios.
- Presentación da mascota ós nenos coa escenificación
do conto do que se van facendo protagonistas en vez de meros
espectadores.
- Entrega do conto de BELA ós nenos.
- Creación dun ambiente no que un novo compoñente
do colexio vai actuar coma nexo entre os nenos e os libros á
marxe e á vez en coordinación co profesorado.
- A gaivota BELA, a partires de entón toma as rendas
das actividades coas seguintes propostas que, periodicamente,
lles vai entregando ós nenos:
- Información ó alumnado por niveis dos fondos
da biblioteca (andeis) onde poden atopalos.
- Recomendacións das normas a seguir en canto ó
uso das instalacións, préstamos, etc. mediante
carteis nas paredes da biblioteca.
- Aviso dos novos fondos que se adquiren.
- Dende a biblioteca e interdisciplinando as áreas de
coñecemento, BELA poderá propor: