Obxectivos

Como centro público que somos concevimo-la educación como un servicio á sociedade e ó entorno no que está ubicado, e participamos na concepción da educación como un importante elemento compensador das desigualdades sociais.

Intentamos formar un tipo de persoa susceptible de emprender iniciativas, elaborar criterios propios, fomenta-lo seu espíritu crítico e impulsa-lo razoamento, debendo o alumno estar preparado para interpreta-las súas experiencias, expresa-la súa afectividade de xeito espontáneo, e poder dar cauce á sua creatividade. Debe ser tamén capaz de penetrar no seu interior en busca de respostas ós interrogantes que a vida lle plantexa, e ó mesmo tempo comprometerse solidariamente co seu entorno e coa colectividade.

Campaña para axuda ás catástrofes naturais

 

Xoguetes para os nenos/as de Cuba

Consideramos moi importante dotar ós alumnos dos hábitos, capacidade e instrumentos básicos que lles faculten para conquerir un adecuado nivel de coñecementos, non soamente mentres dura a súa vida escolar, se non como actitude de aprendizaxe constante na súa vida.

Para iso partimos dunha pedagoxía activa que pretende acada-los obxectivos coa participación do alumnado e a partir da súa propia experiencia, atribuindo ó profesor o papel fundamental de manter vivo o interés do alumno/a, ensinandolle a razoar, suxeríndolle dúbidas e puntos de vista diversos e orientando a súa investigación e traballo


A maravilla de descubri-la terra
Día da árbore.

.

Pretendemos acadar tanto o desenvolvemento da personalidade do alumno como a adquisición de coñecementos, intentando conquerir o adecuado equilibrio entrambos obxectivos.

Consideramos que as actividades artísticas son moi importantes de cara ó desenvolvemento da capacidade creativa dos alumnos, da súa maduración persoal, da súa autonomía e da súa sensibilización emocional e afectiva


Ximnasia rítimica.

 
Teatro.
.

Tamén pretendemos como obxectivo a búsqueda da propia identidade de cada individuo.

a) Identidade respecto ó propio sexo con absoluto respeto ó sexo oposto pois concebimos unha sociedade na que as mulleres e homes deben ter idénticos dereitos, obrigas e posibilidades, e unha escola onde a non discriminación se convirta nunha experiencia vivida.

Coeducación

b) Identidade como membros dun pobo que valoren as súas raices e que se proxecten a outras realidades máis complexas cara ó futuro e cara ó mundo, sentíndose membros dunha sociedade na que todos debemos ser solidarios sen distinción de razas creencias ou ideoloxías.

Procuraremos abrir novos espacios a prácticas e enfoques renovadores, cunha continua posta ó día da educación, co fin de interpreta-las novas necesidades sociais en materia educativa, atendendo as demandas dunha sociedade en constante transformación.

Queremos preparar ós nosos alumnos/as para integrarse nunha sociedade cambiante e ser membros responsables dela. O proceso educativo debe ser un intento transformador da existencia, máis ca unha adaptación á realidade existente. Na medida en que o económico e social condicionan a vida individual e colectiva é preciso esperta-la conciencia de comprensión crítica da sociedade a que pertencemos, non esquecendo que vivimos nun mundo inxusto, cheo de desigualdades, ante o que non cabe a aceptación pasiva senón unha busqueda positiva e comprometida na defensa dos dereitos humanos.

Os nosos alumnos deben tomar conciencia das agresións que sofre nos nosos días o entorno físico; o respecto e defensa do medio natural serán para nós obxectivos prioritarios.

Celebración do Maio

Comprometémonos na defensa da paz, potenciando valores como a comprensión, a tolerancia e a solidariedade desde as primeiras idades.

Consideramos a educación na paz e para a paz como un dos obxectivos prioritarios.

Celebración do Día da Paz

O noso centro, como centro público, non confesional á vez que respectuoso tanto coas posturas agnósticas, como coa diversidade de prácticas e crenzas relixiosas, respectando o dereito dos pais/nais na súa elección e respectando a lexislación vixente.

Todos estes obxectivos deben enmarcarse no contexto duns hábitos participativos pois soamente a partir dunha postura de auténtica implicación e colaboración de tódolos estamentos, pais, profesorado e alumnado, será posible levar a cabo o noso proxecto educativo.



Inicio