Servicios

Transporte escolar.

O colexio dispón de transporte escolar para os alumnos que residen a máis de 2 km., sendo as súas paradas: A Moura, Comeanda, Bens, San José e Mazaido.

Actividades extraescolares e complementarias.

As actividades extraescolares están organizadas pola dirección do centro coa colaboración de pais e profesores.

As actividades deportivas están subencionadas polo Concello de A Coruña, e abranguen unha gran variedade de deportes.

As actividades culturais non están subencionadas polo Concello, e abranguen un amplo abano de actividades.

Con respecto as actividades complementarias, partimos da realidade concreta na que nos encontramos para deseñar así un obxectivos axustados á nosa sociedade.

Servicio Sanitario.

Os alumnos dispoñen de seguro familiar que se pode complementar co seguro privado financiado polos pais.

En caso de accidente leve son atendidos no propio centro e de ser grave avisase ás familias; de non poder atendelo, encargarase o profesor-titor pola maña, e o monitor pola tarde, de levar ó alumno ó centro sanitario, tal e como figura no Regulamento de Réximen Interno.

Centro de Recusos da Zona.

O colexio pode dispor do centro de Recursos da Consellería de Educación. En canto á asistencia social o centro depende do Centro Social de Labañou do Concello de A Coruña, co que traballamos na atención ás familias que o precisen.

Viaxes escolares.

Ó longo do curso fanse diversas viaxes contempladas no Plan Anual de Centro que inclúe desde as viaxes culturais (Aprender en Coruña, Concertos, ...) e recreativas (Cabeza de Manzaneda, excursión fin de curso, ...)

Xestión Económica.

A xestión económica do centro é xestionada polo/a Director/a do Centro, o/a Secretario/a e a Comisión Económica coa colaboración do/a auxiliar administrativo.

Mobiliario e recursos didácticos.

O centro posúe o mobiliario e recursos didácticos adecuado ás súas necesidades, ainda que se poden mellorar (introducción das novas tecnoloxías nas aulas, ...)

A xestión administrativa do centro é realizada polo Equipo Directivo cumprindo cada cal co seu cometido, axudados por unha auxiliar administrativa.



Inicio