As características que poden presentar as areas para o seu estudo son:

-Tamaño de gran: Debe estar comprendido entre 1/16 mm. e 2mm. Por baixo deste tamaño considérase limo e por encima sería grava.
-Composición mineralóxica: Dependerá, sobre todo, do tipo de rocha presente no lugar de formación.
-Homoxeneidade: En canto ao tamaño dos grans.

  Pouco homoxénea
Moi homoxénea
 


-Esfericidade: Relación entre as dimensións do gran (longo, ancho e alto). Será mais esférico canto máis iguais sexan estas medidas.
-Redondez: Grao de erosión dos seus bordos.
Non hai que confundir estes dous últimos termos, unha area pode ter gran esfericidade e pouca redondez, ou viceversa.

 
Angularidade
Redondez
 
Alta esfericidade
 
Baixa esfericidade
     

 

Fotografías detalladas

Santa Cruz 1 (5,1) Composta sobre todo de restos de cunchas de moluscos, algunhas moi desgastadas, espículas de ourizo de mar, fragmentos de rochas de tipo metamórfico (xistos) moi redondeados e algúns grans de seixo.
Islas Cíes 1 (2,4) Area moi homoxénea en tamaño, formada sobre todo por grans de seixo con bastante esfericidade e moita redondez, o que supón un gran desgaste debido á erosión e posterior transporte pola auga do mar
Orzán 1,(4,4). É unha praia rexenerada hai algúns anos con area traída dunha canteira próxima, formada sobre todo por grans de seixo de tamaños diferentes, pouco esféricos e pouco redondeados, porque non tivo tempo de sufrir un desgaste importante.
Seaia, Malpica 1(5,3). Formada por fragmentos de cunchas de moluscos bivalvos, espículas de ourizo de mar, restos de conchas de Gasterópodos e algúns grans minerais con bastante desgaste.
Río Mandeo 1 (5,4) Formada por restos de rochas de tipo metamórfico (xistos e lousas) e láminas de mica (moscovita). En xeral, os grans son heteroxéneos en tamaño, con pouca esfericidade e moi pouco erosionados porque non tiveron aínda tempo e traxecto suficiente para estar redondeados.
Grava del Teide 2(2,1). Formada por fragmentos de gran tamaño, maior que a area, de rocha volcánica moi porosa (pumita), formada pola consolidación rápida do magma.
Las Canteras 2(2,5). Areas de gran moi fino formada principalmente por obsidiana (vidro volcánico brillante de enfriamento moi rápido), con algúns grans de olivino. Bastante homoxénea en tamaño, con relativa esfericidade e bastante redondez.
Teide 2 (3,5).Area de gran groso, aínda que algo heteroxénea en tamaño, e forma bastante irregular, composta principalmente por basalto (rocha volcánica básica) e alguns grans de olivino.
Desierto de Erfoud 2(4,4). Formada por grans de seixo moi homoxéneos en tamaño, con bastante esfericidade, aínda que non moita redondez. En xeral, as areas erosionadas polo vento nos desertos teñen menos redondez que as erosionadas pola auga do mar. Algúns grans conteñen óxidos de ferro, de aí a súa cor marrón-avermellado.
Desierto White Sands 2(5,3).Area de gran pequeno e homoxéneo, compostos exclusivamente de xeso, o que lle dá unha cor moi branca. Presenta bastante esfericidade, pero non moita redondez debido á erosión polo vento.
Islas Maldivas 3(4,1). Formada por restos de coral moi irregulares de aspecto mate, calcario e granulado. Presenta pouca redondez e esfericidade.
Las Sirenas 3(4,2). Formada por grans moi pequenos e moi homoxéneos en tamaño, con moita esfericidade e gran redondez. A composición é de calcarias oolíticas, que se forman en augas someras sobresaturadas de carbonato de calcio e magnesio.
Canal Real Estocolmo 2(4,1). Composta sobre todo de seixo, feldespatos e xistos prateados. Presenta bastante esfericidade, pero pouca redondez, debido á falta de erosión.