Como colaborar:

-Vaite de viaxe, excursión ou saída pola túa zona cunhas cantas bolsas zip (desas de pechadura hermética) e unhas etiquetas adhesivas. Ambas as dúas cousas están á venda por uns céntimos en calquera papelería e non ocupan nada de espazo, ademais de estar permitidas por todas as compañias aéreas (de momento).

-Introduce unha mostra de area na bolsa (100 gr. é máis que suficiente, se é aurífera podes enviar uns quilos) asegurándoche de que a mesma non contén restos orgánicos frescos. Pégalle unha etiqueta que indique o máis precisamente posible onde foi recollida. Formas correctas de etiquetado son por exemplo "Río Guadiana ao seu paso por Mérida", "Lingua de terra, Illa Cristina, Huelva" . Formas incorrectas son "Á beira da miña casa", "Leira do Tio Acisclo".

-Ao chegar a casa asegura a pechadura da bolsa cun anaco de cinta adhesiva, introdúcea nun sobre e envíaa por correo a:

Colexio Marista Cristo Rei
Departamento de Ciencias
Elviña 149
A Coruña 15009
España
Á atención do profesor Enrique Santillán

Quedarémosvos moi agradecidos pola vosa colaboración.