Presentámosvos a colección de areas do Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía do Colexio Marista Cristo Rei.

Pasando o rato sobre o thumbnail obteredes o nome do punto de recolleita da mostra. Facendo click sobre a foto, a imaxe a tamaño real. Observación á lupa co icono e viaxe ao lugar de recolleita (con Google Earth) co icono .

As imaxes están optimizadas para ser vistas cunha resolución de pantalla de 1024x768 pixels, aínda que non teñen mal aspecto a 800x600. Neste caso, tanto a visión con lupa como a localización con Google Earth son á súa vez ampliables, pasade o rato por encima da foto para que apareza o control de ampliación.

Chamámola dinámica porque en absoluto a considerámos terminada, senón en permanente crecemento coa vosa axuda e colaboración. Nós pola nosa banda comprometémonos a:

-Incorporar preciosas fotografías das vosas mostras nun breve prazo de tempo.
-Non maldicirvos cando envexemos as vosas viaxes de vacacións.
-Superar o noso medo a voar se nos toca o premio gordo de calquera xogo de azar e deixar de gozar o mundo vendo documentais de Odisea e National Geographic cun puñado de area na man.