HIMNO GALEGO

¿ Que din os rumores na costa verdecente,

ao raio trasparente do prácido luar?

¿Que din as altas copas

de escuro arume arpado

co seu ben compasado

monotono fungar?

Do teu verdor cinguido

e de benignos astros

confin dos verdes

castro

e valeroso chan,

non des a esquecemento

da inxuria o rudo encono;

desperta de Breogán.

Os bos e xenerosos

a nosa vozentenden

o noso ronco son,

mais sóo os iñorantes

e féridos e duros,

imbéciles e escuros

non nos entender, non.

Os tempos son chegados

dos bardos dasedades

que as vosas

vaguedades

cumprido fin teran;

pois dondes quer,

xigante

a nosa voz pregoa

a redenzón da boa

nazón de Breogán.