HIMNO GALEGO

¿Que din os rumorosos

na costa verdecente,

ao raio transparente

do prácido luar ?

¿Que din as altas copas

de escuro arume apardo

co seu ben compasado

monótono fungar?

Do teu verdor cinguido

e benignos astros,

confin dos verdes castros

e valeroso chan,

non des esquecemento

da inxuria o rudo encono;

desperta do teu sono,

fogar de Breogan.

Os bos e xenerosos

a nosa voz entenden

e com arroubo atenden

o noso ronco son,

mais sóo os iñorantes

e féridos e duros,

imbéciles e escuros

non nos entenden,non.

Os tempos sonchegados

dos bardos das edades

que as vosas

vaguedades

cumprido fin terán;

pois,donde quer,

xigante

a nosa voz pregoa

a redenzón da boa

nazón de Breogán.