HIMNO GALEGO

¿ Que din os rumorosos

na costa vercente,

ao raio transparente

do prácido luar?

¿Que din as altas copas

de escuro arume arpado

co seu ben acompasado

monótono fungar?

Do teu verdor cinguido

e benignos astros,

confin dos verdes castros

e valeroso chan,

non des esquecemento

da inxuria o rudo encono,

desperta do teu sono,

fogar de Breogán

Os bos e xenerosos

a nosa voz entende

e con arroubo atende

o noso ronco son,

máis soo os iñorantes

e feridos e duros,

imbeciles e escuros

non nos entenden , non.

Os tempos son chegados

dos bardos das edades

que as voas

vaguedas

cumprido fin terán;

pois,donde quer,

xigante

a nosa voz preoga

a redenzón da boa

nazón de Breogán.