CEIP Ramón de la Sagra






1. CONSIDERACIÓNS XERAIS


O equipo directivo, feita unha análise da actividade escolar no curso 2008-09, considera cumpridas as expectativas nos aspectos que se recollen na Programación Xeral. Procurouse asumir e corrixir sobre a marcha os pequenos obstáculos propios dun centro escolar, dun xeito positivo e con boa disposición na agarda de que non se volvan a repetir e, cara o vindeiro curso haxa unha sensible mellora co xa aprendido.

2. CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS


Os obxectivos específicos de área e nivel, xunto coa súa consecución están reflectidos nas memorias correspondentes. Os obxectivos xerais que nos propuxemos e que se especifican a continuación, foron acadados segundo se explica:





a)Formación do profesorado


Os membros do claustro realizaron diversos cursos de formación, de acordo coas necesidades para a súa docencia ou da organización do centro, algún deles no propio colexio.

Salientar que neste caso, xa se leva tres anos co grupo de traballo dedicado ao teatro, e que ten gran recoñecemento e aceptación, polo que se continuará en vindeiros cursos.


b) A organización das actividades complementarias, material didáctico, etc, que fagan maior o campo das experiencias e, por conseguinte, do proceso educativo algo máis atractivo, participativo e efectivo.


Coordinado polo equipo de actividades complementarias ou efectuado polos equipos de ciclo –segundo se recollen nas memorias correspondentes- houbo neste senso unha ampla participación do profesorado, con resultados moi positivos.

Foron numerosas as visitas escolares, concertos, excursións... unhas veces organizadas totalmente polo centro e outras aproveitando o que nos ofreceron as diversas institucións. Delas dase cumprida conta na memoria de actividades complementarias e extraescolares.


c)Facilitar o desenvolvemento de actividades extraescolares de calidade e con garantías que fagan doada, ó mesmo tempo, a organización familiar do alumnado.


As actividades extraescolares estiveron integradas, como ven sendo nos últimos anos, no programa LUDITARDE. Houbo continuo contacto entre o equipo do programa e Colexio, con xuntanzas periódicas do coordinador do programa na cidade, o coordinador do equipo no centro, a presidenta da A.P.A., o director e, sempre que foi posible o resto dos membros do equipo directivo. Isto contribuíu á boa marcha das actividades. O noso Colexio é o que máis alumnado ten neste programa. Nembargantes, no apartado de conclusións e plan de mellora, analizaremos este punto.


3. ÓRGANOS DE GOBERNO


3.1. EQUIPO DIRECTIVO

Reuniuse diariamente ó longo do curso para tratar diversos aspectos relacionados co funcionamento do centro.


3.2. CONSELLO ESCOLAR

Houbo as xuntanzas prescriptivas no curso, segundo se recolle nas actas correspondentes.


3.3. CLAUSTRO DE PROFESORES

Reuníuse 3 veces ó longo do curso, segundo se recolle nas actas correspondentes.




4. ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA


    1. EQUIPOS DE CICLO


Fixéronse as xuntanzas necesarias para programar e coordinar o traballo, elaborar e compartir materiais didácticos e consensuar e unificar criterios.

Os seus membros están consignados na Programación Xeral Anual


    1. COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA


Reuniuse varias veces no curso, segundo se recolle nas actas.

O bo funcionamento de Departamento de Orientación fixo o seu labor moito máis doado e supliu provisionalmente as súas funcións.

Tentouse este ano, que aparte das funcións propias deste órgano colexiado, constituíse un medio de transmisión de información eficaz segundo a súa estructura, cara o resto do profesorado. Non se entendeu moito esta idea, convén matizar de cara o vindeiro curso a súa utilidade de funcionamento neste aspecto.


4.3. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Reuniuse semanalmente, o que fixo máis fluída a coordinación interciclos.

Os seus logros están recollidos na memoria correspondente.






4.4.RECURSOS HUMANOS


Tendo en conta as necesidades de atención específica de unha parte non pequena do alumnado, o profesorado que trata de axudar a estes nenos e nenas esforzouse en darlles a mellor atención.

O Departamento de Orientación, coa súa xefa, Manuela Castelos Paredes á fronte, deu canle para que cada quen tivese o mellor apoio posible. Facilitou este labor a coordinación e continuo contacto da xefa coas dúas profesoras de PT e a profesora de AL así como co profesorado en xeral –especialmente cos titores.

Como persoal no pertencente ó claustro do centro tivemos:

Para axudar ó alumnado con problemas de retraso escolar debido ás condicións familiares, poidemos dispor dunha profesora de Educación Compensatoria. O seu horario foi este ano de media xornada, o que impedíu, como así o matiza na súa memoria, acadar o obxectivo máximo de atender plenamente ás necesidades do seu alumnado. ,

Para traballar cos nenos xordos integrados no noso colexio, dispuxemos dunha profesora que pertence ó Colexio Nosa Señora do Rosario. Pola súa aula, pasaban cada día os alumnos para unha atención individualizada.

4.5. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


Realizou as actividades recollidas na Programación Xeral. A súa influencia foi positiva na mellora da Lingua en todo o traballo escolar e na normal utilización do galego como lingua vehicular. O seu labor recóllese máis adiante, na memoria correspondente.



4.5. OUTROS EQUIPOS

Contribuíron na a organización do traballo e dinamización do centro nos diversos equipos, uns cando o requería a situación e outros fixos: Mediateca e Actividades extraescolares e complementarias.


5 .RELACIÓN FAMILIA-ESCOLA


As relacións coas familias do alumnado realizáronse básicamente por medio de reunións colectivas, entrevistas persoais, cartas circulares e contacto directo nas numerosas colaboracións para levar adiante diversas actividades.

Tamén houbo momentos de convivencia lúdica –festas, excursións- no que participou alumnado, profesorado e familiares.

Como orientación básica para as familias, elaborouse un tríptico de principio do curso que recolle unha información xeral sobre a organización do Colexio. Esta información tamén estivo á disposición na páxina web.


6. CONCLUSIÓNS – ASPECTOS DE MELLORA.


* Gardas e transporte escolar:

Neste aspecto, segundo ás lagoas da lei vixente neste senso, feito claustro para tal efecto, e dada a responsabilidade última do centro, se ben agárdase a que xurda algunha instrucción sobre este tema, o vindeiro ano estudiarase e tomaranse as medidas oportunas para que isto sexa unha realidade que garante á seguridade e coidado dos nenos usuarios do transporte escolar máis efectivas.