|
|
O colexio oferta para as tardes de luns a venres LUDITARDE que organiza e subvenciona o Concello en colaboración coa Federación de APAS e que engloba unha serie de propostas lúdicas e formativas atendiadas por monitores cualificados. O magosto. No mes de novembro e con motivo do outono celébrase o Magosto coa participación de toda a comunidade escolar. Traballamos, asemade, a literatura popular, contos, adiviñas, cancións... As produccións escritas recóllense na publicación do Colexio A fábrica das historias. ![]() ![]() ![]() ![]() Festival de Nadal. O último día de clase do primeiro trimestre facemos un festival de Nadal. Nel participan todas as aulas do Colexio, ben facendo teatro ou cantando e bailando panxoliñas que aprenden previamente na clase de música. ![]() ![]() ![]() ![]() Día da PAZ. Pomba feita con pesetas. ![]() ![]() Entroido. Para celebralo fanse disfraces nas aulas e logo saímos formando comparsas. Invéntanse coplas para logo cantalas e publicalas en A fábrica das historias ![]() ![]() RADIO en RUTA. O día 30 de maio do 2003 emitiuse no Colexio o programa "Vivir en Coruña" presentado por Juan Ferran. Capdevila, xogador do Deportivo, foi entrevistado polos nosos alumnos. ![]() |