|
|
Neste curso que comenza, o equipo directivo, todo o profesorado e demais persoal do centro, desexamos manter con todos vostedes un clima de cordialidade e diálogo. Coa participación das familias, acadaremos unha mellor educación para os nenos e nenas e solucionaremos as dúbidas e problemas que poidan xurdir. Está integrado por: HORARIO. De Setembro a Xuño: das 9:00 ás 14:00 horas. VACACIÓNS. Dia do Ensino: 31 de outubro de 2011 De Nadal: do 22 de Decembro
de 2011 ao 7 de Xaneiro de 2012 De entroido: 20,21 y 22 de febreiro de 2012 De Semana Santa: do 2 ao 9
de abril 2012, ambos os dous Non lectivo: 18 de maio de 2012 A Biblioteca permanecerá aberta de martes a venres das 16:00 ás 18:00 horas atendida por un profesor ou profesora. Poderán levar a casa contos para ler e devolveranse antes de 15 dias. Non haberá préstamo das enciclopedias e libros de consulta. Tódalas tardes dos luns o profesorado permanecerá no Colexio das 16:00 ás 18:00 horas. Á atención as familias será das 17:00 ás 18:00 horas. É moi importante que os pais e nais soliciten con antelación a data para fixar a visita. Deste xeito a tutora conseguirá información do profesorado especialista sobre a evoluciòn do alumno/a. O centro dispón dun departamento de Orientación que presta atención individualizada ós alumnos que o precisen. As familias que desexen contactar coa Orientadora deberán chamar ó número de teléfono do Colexio para concertar entrevista. O Colexio oferta para as tardes de luns a venres LUDITARDE das 16:00 ás 18:00 horas que organiza o Concello en colaboración coa federación de APAS e que engloba unha serie de propostas lúdicas e formativas atendidas por monitores debidamente cualificados. Xestionado pola Federación de APAS, o centro dispón de comedor. A comida é servida por unha empresa de catering e o comedor está atendido polos monitores de LUDITARDE. Director: De luns a venres das 12,00 h. ás 13:00 h. agás xoves. Xefa de Estudos: De luns a venres das 9:00h. ás 9:50 h. Secretaria:De luns a venres das 13:10 ás 14:00 h.
|