Un dos obxectivos pedagóxicos do P.E.C. é iniciar ós alumnos de E. Infantil e 1º Ciclo de E. Primaria nun idioma estranxeiro. Para elo, segundo establece a Orde do 5 de abril de 1999 (DOG. do 30), adícanse en E. Infantil corenta minutos semanais repartidos en dúas sesións de 20 minutos. No 1º Ciclo de E. Primaria as clases distribúense en tres sesións de trinta minutos cada unha.
Estas clases refórzanse con proxecións de vídeos e representacións de contos, entre outras actividades.