CEIP Salgado Torres

Páxina Principal Proxecto educativo Plantilla de profesores Organigrama Horarios
Inglés Dto. de Orientación Actividades Comedor Aula Informática
Biblioteca A.P.A Persoal non docente Matrícula 2001-02

Organismos oficiais | Educación, ciencia e cultura | Buscadores e portais | Prensa e noticias na rede | Recursos informáticos | Sobre a páxina...
fronte do colexio

O Colexio Público Salgado Torres está situado no Polígono de Elviña 2ª Fase, s/n, na Cidade de A Coruña, Código postal 15008, Teléfono-Fax 981243316. O correo electrónico do centro e salgadotorres@terra.es

Consta de dous edificios, ámbolos dous dentro dun recinto pechado con dúas pistas polideportivas e patio de recreo.Un Edificio central de Educación Primaria no que se atopan tódolos servicios. Na Planta baixa: Dirección, Xefatura de Estudios, Secretaría, Sala de Profesores, Vivenda do conserxe, Biblioteca, Ximnasio, Comedor, Servicios médicos, Oficina da APA, Almacén de audiovisuais, laboratorio e pretecnoloxía, dous pequenos almacéns e servicios hixiénicos para profesores e alumnos; na primeira planta: 12 aulas de primaria, unha de idiomas, unha de música, unha de infomática, unha de P.T., o Departamento de Orientación e dous servicios hixiénicos por cada ala. As aulas son amplas, luminosas e ben aireadas. Foi construído no ano 1.980.

Un Edificio de Educación Infantil que está formado por unha pequena construcción con catro aulas, un patio cuberto, un recibidor que fai de distribuídor, un pequeño despacho e mailos servicios hixiénicos. Este Edificio está separado do de Educación Primaria por unha cerca metálica con dúas portas.

entrada o colexio

O horario lectivo do Centro é de mañá (xornada única), tendo lugar en horario de tarde as Actividades Extaescolares.

O Centro está adscrito o IES de Elviña.

aula educación infantil

O obxectivo desta páxina e dar información das actividades do Colexio ós pais/nais e a calquera persoa que o desexe coñecer. Benvidos a esta páxina. A todos un saúdo.