López Abente 1876 - 1963

Gonzalo lópez Abente naceu en Muxía, descendente, por liña materna, de Pondal. Despois de estudiar Dereito na Universidade de Santiago, viaxou por Europa (Francia, Bélxica e Holanda) establecendose á volta, en Muxía onde traballou nunha entidade bancaria ata a súa morte.

Participou activamente en tódolos movementos políticos e culturais da Galicia da preguerra. Vencellouse ó acto de constitución das Irmandades da Fala, movemento cultural e político de carácter nacionalista que trata de loitar para acadar unha autonomía integral para Galicia, para logo facer unha federación de pobos da Península Ibérica.

A súa producción poética consta de seis libros, os primeiros ("Escumas da ribera", "Alento de raza" e "De outono") conteñen lírica amorosa e poemas de loita. Nos segundos, "Nemancos" e "Cintileos nas ondas", o motivo principal é o mar e as paisaxes da súa terra.

Como narrador, cultivou a novela curta case sempre de ambiente mariñeiro.

"O deputado por Beiramar", "O novo Xuez","Fuxidos"...etc.

Tamén publicou, no ano 1928, unha obra teatral titulada "Mª Rosa" é unha comedia en dous actos de corte sentimental que trata un tema amorooso. Foi estreada en 1921 e publicada en 1928.