Canteiría
Granito

Canteiro
Materiais
Ferramentas
Elaboración
Innovación
Tradición

A canteiría é unha das profesións máis arraigadas na cultura galega. En case tódalas parroquias houbo, e aínda hai, bos e afamados canteiros. As súas obras adornan tódala xeografía galega, gracias en boa parte a presencia do granito.

Algúns canteiros traballaban soamente na súa terra, outros ían polo mundo adiante buscando obras nas que traballar. Soían leva-la súa ferramenta propia.

Os canteiros foron moi respectados e tiveron privilexios reais na Idade Media e Renacemento (non podemos esquecer as obras das catedrais e arquitectura relixiosa), pero no século XX perden valor e aínda temen pola supervivencia do seu oficio.

É unha mágoa porque o bo facer dos canteiros galegos fixo que os coñeceran no mundo enteiro, non só polo que atinxe á historia e as grandes obras. Algúns dos seus descendentes acaparan restauracións nos lugares máis lonxanos. Un exemplo é o canteiro de Soutelo de Montes, Manuel Otero. A empresa de canteiría que fundaron os seus antergos, Lorton contracting, é a encargada de restaurar edificios coma a Casa Blanca ou o Pentágono.


Volta ó inicio