Modelando a imaxinación

Os alumnos e alumnas de 4º do colexio fixemos unha, mellor dito, dúas visitas moi interesantes ó Castro de Sargadelos en Sada Como eramos moitos tivemos que ir en dúas tandas.

A primeira das visitas fixémola en novembro. Nela pasámolo moi ben porque, coa axuda de Marta, unha formidable monitora, aprendemos a modelar figuras de barro.
Marta explicando o que iamos facer
Preparándonos para pintar
Cada un/unha fixo a súa: lapiceiros, bonecos, máscaras, etc. Foi moi divertido.
As figuras tiveron que secar e despois forneáronse ata estaren parcialmente cocidas. Iso fixérono os empregados da fábrica.
Preparando os pinceis
Traballamos moi ben

Finalmente, os días 2 e 3 de decembro, nós voltamos para decoralas coa axuda de Marta.

Somentes empregamos cinco cores pero bastarán para que queden ben bonitas.
con moito coidado
Está quedando ben
É máis difícil do que parecía
¡É tan  pequeniño!
Hai que facelo ben
Algúns dos nosos traballos
Os traballos preparados para levar ó forno
Imos visita-las instalacións
Despois do traballo, leváronos a coñece-las instalacións da fábrica.
O escenario vertical
Unha vista dende a altura
O documental

Foi moi divertido e interesante ver como dunha simple arxila poden facer cousas tan útiles e fermosas.

Camiño dos obradoiros
Mosaico sobre debuxo de Luis Seoane
Traballando
Obradoiro
Cando xa estean ben cocidas as nosas pezas, os encargados do Castro enviaránnolas para que nos queden de recordo.
¡Moitas gracias Sargadelos!
Un tapiz feito sobre debuxo de Luis Seoane
A exposición dos obxectos de cerámica
Volve ó índice
Volve ó índice