Cesteiría
Cestos
Maleta

Cesteiro
Materiais
Ferramentas
Elaboración
Innovación
Tradición

"Somos probes cesteiros, cestos que compoñer, probiños de nosoutros que vamos morrer"... di unha cantiga popular.

A cesteiría é un dos oficios que aínda conservan un lugar na artesanía galega. Cestos para os labores do campo e do mar. Cestos de vimbio, de canas, xuncos... ou lamas de carballo, castiñeiro, salgueiro...

Os cestos facíanse nas vilas ou no medio rural. Os artesáns do rural ían na procura de traballo e quedaban onde o tiñan. Eran sempre útiles axeitados a recollida dos froitos, colleitas, vendima, pesca.

Nós tivemo-la sorte de dar cun dos artesáns que aínda segue a traballar. Trátase de Don Manuel Lauda, do Concello de Betanzos, cesteiro de vocación e mestre de cesteiros nas aulas ocupacionais de moitas vilas. Temos que agradecerlle a súa paciencia, explicounos, paso a paso, diferentes procesos na confección dun cesto, os materiais, a utilización, a evolución, a súa adaptación, as innovacións...


Volta ó inicio

Para coñece-la zona onde traballa o artesán preme aquí

Betanzos