Cuevillas 1886 - 1958

Florentino López Alonso-Cuevillas naceu en Ourense, estudiou Farmacia en Santiago, pero non chegou a exercer esta profesión, senón que traballou como funcionario da delegación de Facenda en Ourense.

Formou parte, con Risco e Otero Pedrayo do chamado Grupo Nós, realmente foi o prehistoriador do devandito grupo. Como o resto dos compoñentes descobre, na súa evolución, que Galicia e as súas xentes teñen un valor universal.

Cuevillas ainda que se adicou, fundamentalmente, á investigación, tamén cultivou a prosa e o ensaio amosando unha grande riqueza literaria. "Dos nosos tempos" é a historia da evolución intelectual do Grupo Nós.

"Prosas Galegas", publicado despois da súa morte, é unha escolma de diferentes traballos: estudios, ensaios, semblanzas de escritores, textos arqueolóxicos e creacións literarias. Publicouse no ano 1962.