Cupressus sempervirens

Alcipreste, cipreste (Cupressus sempervirens)

Segundo a mitoloxía grega, Cipariso, un mozo moi fermoso relacionado co deus Apolo, tiña como compañeiro un cervo sagrado. Un erro fixo que o matase ó lanzar unha xavelina. Desesperado pediu ó deus que lle deixase chorar toda a eternidade. Apolo convertiuno en alcipreste, símbolo da tristeza e da inmortalidade o mesmo tempo. Este foi o motivo que fixo do alcipreste a árbore dos cemiterios, ademais da súa forma alongada que invita á sobriedade, á reflexión...
O nome sempervirens fai referencia a súa cor sempre verde.cipres

Alcipreste do colexio

É tamén, pola súa forma de columna, a árbore que fai a unión entre a terra e o ceo, e máis aínda, entre o inferno e o ceo. Os sacerdotes de Plutón (Hades), deus dos infernos, adornaban as roupas coas follas desta árbore. Os exipcios fabricaban coa súa madeira os cadaleitos das momias e os romanos usaban as ramas nas piras funerarias e nos altares para facer sacrificios. Para os antiguos habitantes de Irán era o símbolo do fogo sagrado e no Libro dos Reis cóntase que o alcipreste foi a primeira árbore do paraiso.

O que si deixan claro estas lendas é que o alcipreste era xa árbore coñecida no Mediterraneo e Asia Menor e que de alí pasou ó resto do mundo.

Esta especie está adaptada a climas moi diferentes porque ten moita capacidade para regular a transpiración.

É unha árbore de folla perenne que pode acadar ata 30 metros. O tronco é recto, a cortiza fina, de cor parda agrisada e con longas estrías.

O sistema radical conta con raíces secundarias longas e superficiais que dan boa anclaxe a árbore e captan a auga con rapidez para logo poder adaptarse a períodos de seca.

A madeira foi moi apreciada para a construcción de barcos, casas e tamén mobles por ser moi resistente ás pudricións e a carcoma.

Tronco do alcipreste
Ramas de alcipreste

As follas son escuamiformes, opostas, moi delgadas, aplanadas, de cor verde escura. Non teñen un olor característico.

Prefire os solos secos e áridos ós lamacentos, non resiste ben ás xeadas e precisa boa insolación.

Soporta moi ben a poda frecuente e tolera a contaminación das cidades.

Os conos femininos son inflorescencias de cor verde que logo tornan a cor castaña cando maduran. Os masculinos son de cor amarela. A reproducción é por semente, aínda que tamén se usa o inxerto.
Cono feminino
Cono masculino
Cono feminino verde

Os chineses crían que o consumo das sementes daba a lonxevidade pois eran moi ricas en yang. Unha variedade de alcipreste era usada no Japón para os ritos de shinto.

Conos feminino smaduro

Os conos son as partes máis usadas como menciña. Teñen moitos taninos que son sustancias con propiedades boas contra as diarreas, as hemorraxias e as varices. Tamén son moi apreciadas as propiedades contra as infeccións das vías respiratorias. Tamén os cocementos da madeira teñen a súa utilidade para a suor excesiva.

É claro que unha árbore con tanta historia, presente en moitas lendas, con esa orixe na mitoloxía grega e coa relación evidente coa morte e presencia nos cemiterios...tiña que estar presente na tradición popular.

Así aparece na adiviña: "Alto como o pino, verde como o liño, amargo como o fel... Adiviña bacharel"

Ou na cantiga:

"A folla do alcipreste
ela de verde non roxe
traballiño pode ser
correr atrás de quen foxe"

Son moitos os poemas adicados ó alcipreste, un dos más famosos e fermosos é este de Gerardo Diego:

"Enhiesto surtidor de sombra y sueño
Que acongojas el cielo con tu lanza
Chorro que a las estrellas casi alcanza
Devanando a sí mismo en loco empeño..."

O en este otro que escomenza así:

"Silencioso ciprés que en la limpia tersura
del estanque retratas tu severa figura..." Fray J.Pérez

E tamén:
Ciprés
(Agua estancada.)
Chopo
(Agua cristalina.)
Mimbre
(Agua profunda.)
Corazón
(Agua de pupila.)

Federico García Lorca

Máis:

La luna
reciente calavera
ya del cenit declinando
iba del ciprés del huerto
friamente iluminado
al alto ramaje yerto.

Antonio Machado

Volta ó inicio

Vai á páxina principal das nosas árbores

Vai ó curso de tele-formación sobre as nosas árbores
Vai ó curso de tele_formación