Os Maios

 

Un traballo feito por:

Iria de 5ºB


"Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; no norte son de destacar os que se celebran en Pontedeume e Viveiro.
Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.
Maios
Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc...
Maio con flores e ovos
Muralla feita cos ramos
Outro orixinal deseño
Remate doutro maio

Algunhas das cantigas eran:

Escoiten nosos señores
o que lles imos cantar:
as copras que tran "Os maios"
floridos hastra namáis.
Estén todos moi atentos
que imos escomenzar,
deprendan o que cantamos
axúdennos ó acabar.
Cantar, cantarlle ó "maio" florido.
Cantar, cantarlle unha vez máis.
Cantar, cantarlle ó "maio" garrido.
Cantar, cantarlle así sen parar.

Maio da Mariña

Xa chegou o "Maio"
florido e galán.
Chegou tra-lo inverno
e antes do verán.

Baixou dende o cumio
do castelo antergo.
ata o val do Eume
doce e señoreiro.

"Maio" rameiro:
bicou as campiñas
i en cada bicada
naceron floriñas.

"Maio" amarigoso
bicou as cerdeiras
e ahí tede-las froitas
máis ricas da terra.

Xa chegou o "Maio"
da nosa mariña
"Maio" namorado
do mar e da andoriña.

Chegou dende lonxe
acollédeo ben
nesta noble vila
de Galicia "edén".

Volta ó índice Volta ó índice