Noriega Varela 1869 - 1947

Antonio Noriega Varela serve de ponte entre o S.XIX e a literatura galega do S.XX. Naceu en Mondoñedo, estudiou no seminario pero non rematou a carreira. Fíxose mestre e exerceu na vila de Foz.

Entra en contacto co movemento agrario, facendose amigo de Antón Vilar Ponte e o abade Basilio Álvarez, líder deste movemento.

Nesta época compón poemas cívicos alentando ós labregos á loita agraria. Forma parte, xunto con Vilar Ponte e Camilo Cela (pai do premio Nobel) da redacción do xornal local "Guau Guau", publicación de carácter anticaciquil. Polos ataques que, nesta publicación sufriu o secretario municipal, o escritor foi trasladado á montaña de Ourense. Despois de 3 anos consegue o traslado como mestre a Trasalba.

Alí entra en contacto cos compoñentes do Grupo Nós e por influencia de Otero Pedrayo coñece en profundidade a literatura portuguesa que deixará unha pegada na súa obra.

Pasa os derradeiros anos da súa vida en Viveiro, onde morre no ano 1947.

A obra de Noriega Varela ten dúas claras vertentes, costumista porque considera a poesía galega como unha poesía popular na que expresa a dura vida dos labregos e tamén o aspecto festeiro da aldea.

Ten recollida toda unha colección de ditos, refráns e cantigas populares en "Como falan os brañegos".

O outro aspecto da poesía de Noriega é o lirismo da natureza onde manifesta unha grande tenrura polas cosas humildes, da paisaxe montesía, neste senso é autor de "Montañesas" libro de poemas que sufriu varias transformacións ata a súa edición definitiva no ano 1946.