Quercus robur
Carballo (Quercus robur)

É unha árbore máxica e lexendaria nas tradicións europeas. A máis grande, a máis forte, a árbore dos deuses. Era a árbore preferida de Zeus. Plinio di que os carballos precederon ós homes na creación. Segundo os celtas tódalas xuntanzas importantes para un pobo, debían ter lugar baixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó fogar. Tamén o visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos druidas, que logo da maceración, repartían esta 'auga lustral' para sanar enfermidades e protexer dos males.

Os Quercus son orixinarios de Europa, Asia e norte de África. En Galicia o carballo é o que máis abonda.

Carballo

Precisan climas cun mínimo de humidade de 600 mm ó ano. Toleran moi mal as secas no verán.Soportan baixas temperaturas e xeadas. Toleran solos pesados e arcillosos, incluso o encharcamento temporal.
Precisan luz para un bo crecemento.

Son árbores corpulentas, ata 30 ou 35 metros de alto, grandes diámetros e copa globosa e non moi densa. As raices son moi penetrantes e profundas.

Son árbores moi lonxevas, 500 ou 600 anos. A madera e dura, elástica e resistente á humidade e podremias. Usáse en ebanistería, tonelería, e construcción naval. Tamén a cortiza foi moi usada para curtido das peles.

Non son árbores moi plantadas polo que tardan en medrar. Tan só na rexeneración natural de espacios que a protexer. É unha árbore caducifolia, de cortiza pardo grisacea que acada por abrir e oscurecer cos anos.

Carballo moi vello
flores
As follas son alternas lobuladas, oblongas, con peciolo curto, simples. Verde oscuras pola faz e máis claras polo envés. Os amentos masculinos teñen de 5 a 13 cm de lonxitude e as flores femininas son pedunculadas. As flores son unisexuais e monoicas (masculinas e femininas no mesmo pé). As masculinas en cadeas colgantes e as femininas sentadas con longos pedúnculos. Florece, ó tempo que saen as follas, na primavera.

Os froitos (landras) son aquenios protexidos por unha cúpula de escamas planas. O conxunto recibe o nome de glande.

A rexeneración das carballeiras é moi boa por semente. As landras xermolan a pouco que teñan a temperatura axeitada e humidade para facelo.

Landras
Bugallos

Un insecto fai a posta dos ovos no carballo e causa o nacemento dunhas excrecencias chamadas bugallos.

Estas teñen moita concentración de taninos, máis que a cortiza, polo que, reducidas a po, teñen aplicacións para combati-las hemorraxias e diarreas.

A cortiza tamén é utilizada polo contido en taninos. Dióscorides cita xa estas propiedades, así como a de combati-los velenos das mordeduras de animais.

Na estomatite e farinxite úsase o carballo para facer gargarismos.

Nas aplicacións externas son moi importante-las propiedades curativas nos eccemas e queimaduras, tamén nas úlceras ou chagas.


Cortiza
Carballo novo
Follas no outono

Aquí temos un carballo moi novo e outro coas fermosas cores das follas no outono.

Di unha crenza popular que si as follas tardan en caer ó chan é que o inverno vai ser duro.

E para rematar unha adiviña:

¿Que é, que é, alto está, alto mora, ten coroa como a Señora?

Landras e follas
Vai ó índice
Vai ó mes de outubro Vai ó mes de outubro